Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

Homenaxe a Saramago

Guía lectura - Verán 2010

O xornal escolar "A Ponte Vella"


27 MOTIVOS PARA LER POESÍA

1. Para aprender.
2. Para pensar.
3. Para sentir.
4. Para relaxarte.
5. Para sorrir de vez en cando.
6. Para ser máis culto.
7. Para rir.
8. Para chorar.
9. Para pasalo ben.
10.Para ser máis sensible.
11. Para sentirte mellor.
12. Para comprender á xente.
13. Para aprender a amar.
14. Para encherte de emoción.
15. Para aprender a usar palabras.
16. Para alegrarche a vida.
17. Para trasladarte a outros mundos.
18. Para ligar.
19. Para entender certos valores da vida.
20. Para averiguar o que sintes.
21. Para identificarte co poeta.
22. Para coñecer a literatura.
23. Para comentala con outras persoas.
24. Para apreciar moitos momentos da vida.
25. Para inspirarte.
26. Para saber que ti tamén podes facelo.
27. Para escribir poesía.

HAI TANTOS MOTIVOS PARA LER POESÍA, QUE NON TES ESCUSA PARA NON FACELO.



CONSELLOS PARA PAIS E NAIS

A influencia da familia é decisiva para formar lectores que desenvolvan a práctica da lectura ao longo de toda a súa vida e non só durante o período escolar. Vós pais e nais, xogades un papel moi importante no desenvolvemento dos hábitos lectores dos vosos fillos e fillas.

Por todo isto, indicámosvos uns poucos consellos para seguir cos nenos e nenas na casa, que axudan a fomentar o hábito e o interese pola lectura :

1.- Buscade un tempo e un lugar para ler todos os días cos nenos ou nenas, sen que a lectura teña relación coas tarefas escolares.

2.- O exemplo é importante, os nenos e nenas imitan o que ven. Vervos ler un xornal, unha revista ou un libro , demostraralles que para vós ler é gratificante.

3.-Lede xuntos, sobre todo nas primeiras etapas, nas que os nenos e nenas non son lectores autónomos. Sentádevos preto e lede para eles ou para elas.

4.- Facede da lectura un tempo divertido. Cando os nenos e nenas son pequenos/as pódenselles ler as historias xogando coa voz ou entoando poemas ou cancións.

5.- Calquera motivo pode ser bo para ler: unha excursión, facer un postre ou coñecer as regras dun xogo. As guías, os receitarios, os sornáis, as instrucións ou a publicidade axudan ao neno e á nena a comprobar que ler é importante para calquera actividade.

6.- Preguntade ao neno ou á nena polas súas lecturas. Se vos interesades polos libros que len, poderedes axudarlles a ser lectores/as activos/as.

7.- Reservade tempos de lectura na casa. Incorporádeos ás rutinas de cada día. Facede imprescindible este hábito, axudará aos nenos e ás nenas a valorar os momentos de lectura.

8.- Cando os nenos e as nenas xa saiban ler, seguide compartindo a lectura en familia. Gústalles escoitar historias lidas en voz alta a calquera idade e seguen necesitando do noso estímulo.






Relatos curtos

Ilustramos poemas de Uxío Novoneyra