Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS PARA LER NO NADAL

O APALPADOR VISITA A BIBLIOTECA




O venres, 19 de decembro, estivo na nosa biblioteca O APALPADOR,  vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas altas montañas. Traía un enorme saco cheo de castañas, xoguetes artesanais feitos á man con madeira, pedra, cartón..., pero tamén traía un conto, ese conto que ten na man e que lles contou aos nenos e nenas do colexio da Ponte.
Na noite de Nadal  entra nas casas dos nenos e das nenas para apalparlles a barriguiña. Se están cheas di:" asi, asi esteas todo o ano" e deixalles un xoguete feito á man; senón, cala e deixalles unha presa de castañas.
Despois do conto cantaron todos xuntos a canción do Apalpador de Paco Nogueiras:
"Xa me tarda o momento
de meterme na camiña,
e que veña o Apalpador
a apalparme a barriguiña"
Antes de despedirse, visitou todas as clases repartindo catañas e as guías do Nadal.



O APALPADOR EN KAMHISIBAI





Ata fai pouco os nosos avós e avoas aínda lembraban ao Apalpador, personaxe popular, mítico, orixinario das terras altas do Cebreiro e o Caurel  que era o equivalente ao Papá Noel que importamos das culturas nordicas. Mario e Sandra contan  aos máis pequeniños do cole, a súa historia a través do Kamishibai, con debuxos feitos por Sandra Puebla González e os textos son o resultado do traballo de investigación sobre esta figura, feito polo alumnado de 6º de Primaria.

O DISFRAZ DO APALPADOR



Para promocionar a cultura e as tradicións propias, dende a Biblioteca reivindicamos a figura do Apalpador, personaxe propio do Nadal galego, que xa anda polo centro cantando coplas e apalpando a barriga dos escolares para deixarlles castañas quentiñas.
"Vaite logo meu meniño
marcha agora para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña"



O APALPADOR NA BIBLIOTECA

O Apalpador chegou
chegou pola mañanciña
está na biblioteca
cantando unhas copliñas

Á biblioteca da Ponte
chegou hoxe o Apalpador
trae regalos e contos
todos con moito amor

Trae tamén castañas quentes
para comer axiña
a todos os nenos e nenas
que teñan moita famiña

PLATERO Y YO

Con motivo da celebración do centenario da publicación de PLATERO Y YO, obra cumbre de Juan Ramón Jiménez (Premio Nobel de literatura en 1956), recordamos tan singular obra na que o poeta natural de Moguer, narrou a vida e morte do burro "Platero" trazando un delicado canto á amizade, á vida, ao amor á natureza e  aos animais, a denunza das inxustizas, sendo algunhas das mensaxes que transmite este fermoso libro. É unha das obras máis traducidas da Historia despois da Biblia e do Quixote.

AS ABELLAS

 Xa temos na nosa biblioteca o calendario de 2015 do Colectivo Estiño, no que participamos 15 centros  educativos, traballando co noso alumnado en torno ao proxecto das ABELLAS onde os nosos escolares investigaron e plasmaron en bonitos e alegres debuxos todo o relacionado coas abellas, o seu ciclo de vida, a súa organizaci'on, as castas, as funcións da raiña, a fecundación,  a súa anatomía, propiedades curativas dos seus productos, o apicultor, o enxame, a colmea, a abella na cultura popular, refraneiro, cantigueiro, adivñas e moitas cousas máis que deron lugar a un completo traballo colaborativo que aparece recollido na revista Miuzallas.

ISAAC NEWTON