Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia contra as mulleres é probablemente a violación dos dereitos humanos máis habitual e afecta a un maior número de persoas. Millóns de mulleres e nenas no mundo son vítimas de violencia. A violencia contra as mulleres está presente en todas as sociedades do mundo. Ten unha raíz única: a discriminación universal que sofren as mulleres polo feito de selo.
Celébrase o 25 de novembro o día internacional contra a violencia de xénero, como homenaxe ás tres irmáns Mirabal, activistas políticas que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960 na República Dominicana. Pero, por desgracia, a violencia contra as mulleres non pertence ao pasado, nin se enmarca só dentro do ámbito político. É un problema que afecta a familias e comunidades de todas as xeracións e todos os ámbitos sociais. Desde a ONU convídase a gobernos e orgnizacions a establecer actividades dirixidas a sensibilizar ao público respecto ao grave problema.
Desde o colexio realizamos co alumnado actividades educativas para a prevención da violencia de xénero.
Primeiro, o alumnado de 5º de primaria fan recomendacións par aevitar a violencia en calquera situación:
Ao menor síntoma ten a man
IGUALDINA FORTE 500
Comprimidos para acabar coa violencia machista
IGUALDADE 100%
Non existen contraindicacións
Recoméndase o seu uso excesivo



Agora é o turno do alumnado de 6º curso de primaria





INVENTOS EN VERSO

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS. 20 DE NOVEMBRO DE 2017

- Todo neno e toda nena sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
- As persoas adultas están na obriga de poñer as súas historias ao alcance dos nenos e das nenas.
- Todo neno e toda nena goza a plenitude do dereito a coñecer as fábulas, os mitos e lendas da tradición oral do seu país.



MARIE CURIE

No 150 aniversario do nacemento de Marie Curie que se cumpliu o 7 de novembro e dentro da semana da Ciencia, traballamos sobre a vida e a obra desta científica que antes de casar con Pierre Curie e tomar o seu apelido, era María Sklodowska. Esta muller foi a primeira persoa que tivo a honra de recibir dous premios Nobel diferentes.
O seu traballo contribuiu de maneira decisiva no coidado e prevención da saúde, aínda que definitivamente lle custara a súa propia vida.
Eva García Otero e Lucas Gómez García dan lectura ao traballo realizado.

CONTOS DE OUTONO






MAGOSTO 2017


SAMAÍN 2017

 Nesta semana do Samaín, a biblioteca  encheuse de contos, moitos contos, contos de medo, de terror, de bruxas de pantasmas, de zombis, de caveiras, de morcegos, de cabazas terroríficas e tamén da santa Compaña. Os lectores e lectoras disfrutaron de "medo" coas lecturas e cos traballos de investigación realizados para coñecer esta tradición nosa do Samaín que ten distintas particularidades dependendo da zona. 
Nos traballos realizados descubrimos que o lugar de Galicia onde máis se celebra o Samaín é Cedeira, alí organizan unha procesión de ánimas na que os rapaces e rapazas da vila desfilan vestidos como a Santa Compaña. En Quiroga exite a tradición de secar a cabazas e despois utilizalas como máscaras no Entroido.  O Samaín formou parte da candidatura á declaración, por parte da UNESCO, do patrimonio inmaterial galego-portugués como ben mundial.
O día 31 os maiores contaron aos máis pequeniños contos que daban moito medo, pero que no fondo lles encanta lelos e escoitalos: "Corre corre Cabaciña", "A bruxa regañadentes" e "A figueira de pelostortos".