Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

PREMIOS NOBEL DA PAZ


30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Día 30 de xaneiro de 2018 Día da paz e a non violencia:
"A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS" é o lema do mural realizado este ano polo día da paz. As mans de cores de papel dos nosos alumnos e alumnas cubren a pomba da paz e o símbolo da paz para recordarnos a necesidade de fomentar o diálogo, a cooperación, a solidariedade, o respecto, a non violencia e a paz. Para iso DI NON A...
DI NON Á VIOLENCIA FÍSICA, directa (empuxar, dar patadas, agresións) e indirecta (esconder ou romper obxectos)
DI NON Á VIOLENCIA VERBAL, directa ( poner motes, insultar, burlarse,ameazar) e indirecta (falar mal ás costas do acosado, contar mentiras del, rirse cando se equivoca)
DI NON Á VIOLENCIA SOCIAL, ignorar ou despreciar á persoa, organizar xogos ou actividades sen contar con ela ou impedir que participe nelas, deixala fóra de forma deliberada.
DI NON AO CIBERACOSO, cando se molesta á victima a través da redes sociais.


RECOMENDACIÓN LECTORA: A HSITORIA DE ERIKA

"A historia de Érika" de Ruth Vander Zee, ilustrado por Roberto Innocenti e publicado pola editorial Kalandraka é unha lectura moi recomnedada para celebrar  o día da paz e a non violencia. Érika cóntanos a súa historia para evitar que se repita. Hai que manter viva a memoria dun drama que afectou a seis millóns de persoas entre 1933 e 1945. Estremecedor e impactante o testimonio narrado por Ruth Vander Zoe. As ilustracións de Roberto Innocenti deixannos sen palabras. Cada 27 de xaneiro conmemórase o día das victimas do holocausto e o día 30 de xaneiro, o día escolar pola paz e a non violencia. Dúas datas para recordar unha lectura para sempre.

Resultado de imagen de la historia de erika



IMAGINE DE JOHN LENNON

Musica polo día da paz. Eva, Noa e Lucía interpretan coa frauta Imagine de John Lennon

ABECEDARIO DA PAZ


DÍA DA PAZ

O vindeiro 30 de xaneiro celebramos  o día escolar pola paz no aniversario da morte de Mathama Gandhi (30 de xaneiro de 1948). Aproveitamos a data para fomentar a cultura da paz e a non violencia con seleccións bibliográficas expostas na nosa biblioteca