Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

RECOPILATORIO DE CONTOS

Recopilatorio de contos en distintos formatos: contos narrados, contos pictografiados, contacontos, contos animados e tamén enlaces a páxinas onde aparecen estes contos e moitos máis.




EU QUEDO NA CASA

Este bonito conto rimado está escrito por Ramón D. Veiga e ilustrado por Iván R. que reflicte un pouco a situación que están a vivir os nenos e as nenas estes días de confinamento na casa. Temos dúas versións, dixial e vídeo.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO DÍA DO LIBRO


Samuel dá lectura a dous fermosos libros que recomendamos especialmente polo día do libro : A meniña de libros e Os dereitos do pequeno lector e da pequena lectora.
A MENIÑA DE LIBROS. Este marabilloso libro escrito por Olivers Jeffers, ilustrado por Sam Winston e da editorial Patas de Peixe é unha homenaxe a toda a literatura. Todo o que un libro nos proporciona está resumido aquí nestas páxinas cheas de letras que forman un fantástico poema de fomento da lectura. Un libro baseado en tódolos libros que leron os nenos e as nenas de tódalas épocas                                                
OS DEREITOS DO PEQUENO LECTOR E DA PEQUENA LECTORA. Este encantador ábum ilustrado, está escrito por Patricia Auerbach, ilustrado por Odilón Moraes e da editorial Beascoa. É un libro en defensa da lectura infantil que gustara tanto a maiores como a pequnos e pequenas.




FELIZ DÍA DO LIBRO

Neste día tan especial para disfrutar da lectura, desde as nosas casas, os nenos e nenas de 1º xunto coa súa profe Lucía tamén fan as súas recomendacións lectoras              

DÍA DO LIBRO 2020

Neste día do Libro, tan atípico, facemos as nosas recomendacións lectoras, separados, pero xuntos a través dos libros e co obxectivo de seguir fomentando a lectura e darlle ao libro o protagonismo que merece, con especial énfase neste contexto de confinamento desde as casas. Convidámoste a ver  este vídeo que nos une tanto polas imaxes como pola música

RECOMENDACIÓN LECTORA

Neste tempo de confinamento, a lectura é un bálsamo e sobre todo cando a temática afecta positivamente á saúde. Celia, a nosa compañeira de infantil, fai unha recomendación lectora: COMER BIEN A DIARIO, apto tanto para expertos como para principiantes.


CENTENARIO DE GIANNI RODARI

Neste ano 2020 conmemórase o centenario do nacemento de GIANNI RODARI, escritor, pedagogo, periodista italiano e un referente da literatura infantil e xuvenil. Entre outras obras, destaca a titulada GRAMÁTICA DA FANTASÍA, un clásico da literatura pedagóxica para aprender a usar a imaxinación e a inventar historias. En homenaxe ao autor escollemos algúns títulos que non podedes perder pois disfrutaremos todos/as tanto os pequenos lectores como os adultos.













 


MAIS CONTOS PARA TODAS AS IDADES



 













DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL



Hoxe, 2 de abril de 2020, e coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co fin de promocionar os bos libros e a lectura entre os máis novos. Nesta situación tan especial de confinamento e polo tanto de estrés emocional que estamos a vivir, a lectura é moi positiva pois axuda  a rebaixar a tensión a través da concentración, polo tanto o libro infantil ten máis transcendencia que nunca nestes días especiais. Neste blog poñemos a disposición de todos os nenos y as nenas unha serie de propostas lectoras para todas as idades: contos, videocontos, contacontos, recomendacións lectoras, enlaces... para disfrutar  dos libros e da lectura. E para celebrar este día dun xeito especial facemos a seguinte proposta.
PROPOSTA
1º.- Fai un debuxo do teu libro favorito
2º.- Unha vez rematado, pídelle a alguén da casa que lle saque unha foto, ou tamén a podes facer ti mesmo/a.
3º.- Logo mándadea ao seguinte correo:
bibliopontelugo@gmail.com 
Con todos os debuxos recibidos faremos un vídeo de recomendacións lectoras.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!