Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Rosaía naceu tal día como hoxe en 1837. Recordamos a súa vida, a súa obra e algúns dos seus poemas máis coñecidos: Adiós ríos, adiós fontes...e Airiños, airiños, aires...recitados polo alumnado de 5º. A súa vida e obra a través de textos realizados en traballos de investigación e tamén adaptados para o teatriño xaponés, kamishibai, e con ilustracións feitas polo alumnado de 5º de primaria.

 
 

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2021

Hoxe, 21 de febreiro, é o Día Internacional da lingua materna. É importante que reflexionemos e nos demos conta do tesouro cultural que supón ter unha lingua propia, pois a lingua é un dos sinais de identidade e cultura fundamentais de calquer pobo

VENRES DE ENTROIDO 2021

Neste venres de entroido tan atípico, o cole encheuse de velliños e velliñas, sendo o resultado dunha serie de comandas que había que realizar ao longo da semana. Os nenos e nenas d 4º nolo contan en verso.

TEMPO DE ENTROIDO 2021

O Entroido galego é unha tradición moi singular con caracteríticas moi particulares nas diferentes máscaras e esmorgas, segundo as distintas provincias e sempre acompañado dunha boa gastronomía. Son moi coñecidos os Entroidos de: Xinzo de Limia (As pantallas), de Verín (Os cigarróns), de Cobres (As damas e os galáns), de Laza (Os peliqueiros), de Viana do Bolo (Os boteiros), de Manzaneda (os felos), de Vilariño de Conso (Os boteiros), de Chantada (Os volantes) de Póboa de Brollón (O oso de Salcedo)... e moitos máis.

LECTURAS QUE NAMORAN

Lecturas que namoran. Nesta época tan complicada aínda nos queda o amor pola familia, polos amigos...polos libros. Disfrutemos da lectura que os nenos e as nenas de 3º fan de dous libros fantásticos: SER AMIGO e QUÉROTE AVÓ que transmiten mensaxes de amor, de afeto, de cariño...

ENTROIDO 2021

Neste Entroido tan especil, o alumnado de 4º de primaria dá lectura aos dous libros escritos por Ramón Veiga e ilustrados por David Sierra: E TEMPO DE ENTROIDO e NON PARE A FESTA. Coa lectura dos dous libros imos descubrindo distintos personaxes do entroido galego que se xuntan co propósito de montar troula, pois é tempo de festa, de mácaras, de filloas e de cocido. O Entroido é tempo de cantar e bailar e os AMIGOS DA MÚSICA gravaron unha canción alegre e divertida baseada no libro "Non Pare a festa" así ademais de ler tamén podemos cantar para descubrir distintos personaxes típicos do Entroido galego

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021

 O día 13 de febreiro, celebramos O DÍA MUNDIAL DA RADIO, unha efeméride proclamada pola ONU en 2012. O obxectivo principal deste día é concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio, convidando a reflexionar sobre o seu servizo para, entre moitas accións, combatir a desinformación e axudar ás necesidades da sociedade.

Desde a nosa biblioteca, e a proposta do colectivo radiofónico Rede Espora, queremos celebrar este día  coa gravación de entrevistas aos nosos maiores: pais, nais, avós, avoas, bisavós e bisavoas, sobre a presenza da radio nas súas vidas, contestando a dúas preguntas: Cando eras pequeno/a cal era o teu programa favorito? e onde escoitabas a radio?

 Así quedaron as nosas aportacións:

Paula e Pedro de 1º, Noa de 4º e Celia de 5ºB Enol de Educación Infantil de 5 anos, Ainhoa de 5ºB, Lola Penalonga de 2º e Alba de Educación Infantil de 3 anos  e Carla de 4º

Adriana de 2º, Irene de 4º, Sergio de 5ºA e Lara de Educación Infantil de 4 anos Diego de 3º, Selma de 4º, Iago de 5ºA, Noelia de 5ºB e Adrián de 3º Tomé de 5ºB, Ada de 4º e Xián de 2º  

 REDE ESPORA: 

 Hoxe, 13 de febreiro a UNESCO promove o Día Mundial da Radio, nós para festexalo imos facer unha viaxe no tempo, da man dos nosos maiores, de toda a xente que ao igual que todos nós, dende que eran pequenas estiveron acompañadas pola maxia da radio. Deixémonos levar durante uns minutos nesta máquina do tempo polas lembranzas das persoas que nos acompañan e nos queren e achegan as súas voces dende as catro provincias galegas desde os seguintes centros educativos: CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal, CEIP Ramón de Valenzuela en Bandeira, CEIP Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar, CEIP Frian en Teis, CEIP Víctor Saénz en Mazaricos, CEIP da Torre Cela en Bueu, IES Valadares de Vigo, CEIP A Ponte de Lugo, CEIP Plurilingüe de San Benito de Lérez en Pontevedra e o CEIP Plurilingüe de Chancelas en Combarro.

 Con estas aportacións recompiladas por Rede Espora figuramos a nivel mundial na web da UNESCO

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O día internacional da muller e a nena na ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, foi aprobado pola Asamblea xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas e tamén para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e das nenas. Este día é un recordatorio de que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fudamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse. 

Para celebrar este día recordamos a científica MARIE CURIE que foi a primeira muller en recibir dous premios Nobel, en Física e Química e a primeira muller en ocupar o posto de profesora na Universidade de Paris. Elena e Noelia fan un repaso pola súa vida e obra. 

Tamén queremos visibilizar, novamente, os traballos realizados polo alumnado de 6º no mes de novembro, mes da ciencia, sobre mulleres científicas

SOLTA DE POMBAS

Como é tradición no noso centro, polo día da paz, tamén se fixo unha SOLTA DE POMBAS mensaxeiras, simbolo de paz, coa mensaxe de querer construír un mundo mellor, neste 30 de xaneiro de 2021, día de celebración do día escolar da paz e non violencia.

ABECEDARIO DA PAZ

ABECEDARIO DA PAZ. Para celebrar o día da paz e a non violencia, as nenas e os nenos de 2º de primaria, presentan un abecedario da paz con palabras de paz, amor, concordia, solidariedade...palabras e debuxos que representan o que nós podemos facer para construír un mundo mellor.