Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

PAREADOS POLO DÍA DA POESÍA

A creación de pareados sinxelos, graciosos e divertidos, nun ambiente musical e moi agradable de escoitar, foi o acercamento á poesía do alumnado de 2º e de 3º para iniciarse na escritura de poemas.

RIMA ARRIMADA

Polo día da poesía, Iker de 4º, recita o poema RIMA ARRIMADA do libro BECHOPOEMAS de Leire Bilbao e publicado pola editorial Kalandraka

OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO

Para concienciar ao alumnado da importancia que ten a reciclaxe na conservación do entorno e polo tanto no coidado do medio ambiente, os nenos e nenas de 2º, co seu profe Iago Calderón, participaron nun obradoiro de reciclaxe de papel. Reciclaron papel de periódoco para facer libretas e marcadores de libros.

DÍA DA MULLER 2021

O alumnado de 6º de primaria reflexiona sobre a IGUALDADE, plantexando situacións reais de desigualdade que sucenden no mundo actual que nos indican que aínda quedan moitas cousas polas que seguir loitando, por iso todos os días deberían ser 8 de marzo. Tamén presentan mulleres que a pesar das trabas e prexuicios de moverse en ámbitos masculinos, foron capaces de sobresalir e servir como exemplo a outras mulleres do mundo