MÚSICA POLO NADAL
Todo o alumnado do centro aporta o seu canto de Nadal: música, poesía e danza mezclados neste festival fin de trimestre e fin de ano
VISITA DO APALPADOR
o Apalpador visita o noso centro para apalpar as barrigas dos nenos e das nenas, repartir as guías de recomendacións lectoras para estas vacacións de Nadal e tamén para deixar algún agasallo, neste caso unha boa presa de cacahuetes, pois xa non hai castañas.
A HISTORIA DO APALPADOR CONTADA EN KAMISHIBAI
Alex González e Gisela Montoya contan ao resto do alumnado a historia do APALPADOR a través do teatriño xaponés Kamishibai. O texto da historia é o resultado do traballo de investigación do alumnado de 6º curso de primaria, así como os versos a pé de foto, as ilustracións son de Sandra Puebla González, a música é unha panxoliña galega titulada "Aló á media noite" con arranxos e instrumentación de Xoán Fuertes
O APALPADOR NA BIBLIOTECA
O apalpador visita a nosa biblioteca e en clave de verso conta aos nenos e ás nenas o que fará a noite de Nadal: baixará das montañas do Courel para apalparlles a barriga e comprobar se están ben mantidos ou non e dixarlles castañas quentiñas ou algún agasallo feito a man por el mesmo. Dende a biblioteca queremos divulgar esta mítica figura
O APALPADOR
O Apalpador chega á nosa biblioteca. O Apalpador ou Apalpa Barrigas é un ser fantástico, un xigante de profesión carboeiro que polas festas do Nadal baixa das montañas do Courel para visitar aos máis pequenos e pequenas e comprobar que estaban ben alimentados, para o que lles apalpaba a barriga e lles deixaba de agasallo castañas quentes. Hai algunhas cancións populares relacionadas con este personaxe que chegaron ata os nosos días e que eran cantadas nas noites de "apalpadoiro" para advertir aos máis pequenos da chegada do Apalpador e da necesidade de que se foran á cama.
"Hoxe é día de Nadal
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
apalparche a barriguiña"
OS POSTRES TRADICIONAIS: LAMBETADAS
Un calendario de postres tradicionais: tosta de roxós, faragullos, filloas, leite frito, roscas de San Lázaro, chulas, cañas, compota, torta de castanas, rosca de Navia, empanada de roxós, tellas, flores, almendrados...son algúns dos postres que compoñen este ano o calendario do Colectivo Estiño, formado por 24 centros da provincia de Lugo, nos que o alumnado traballou e investigou sobre os postres típicos de cada zona para despois plasmalo en debuxos e por escrito nas receitas. Todo o traballo realizado de información e investigación e tamén de receitas recollerase na revista Miuzallas.
POEMAS DE OUTONO
Os nosos alumnos e alumnas recitan as súas propias creaccións poéticas, neste caso, a temática é o outono. Estes poemas realizados de xeito colectivo rezuman sinxeleza, frescura, gracia e moita sensibilidade.