A galiña azul é o máis popular dos libros de Carlos Casares. Publicada en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para o publico infantil. O libro baixo a apariencia dun conto infantil, deixa ver a súa habitual mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza, expresa valores universais e o compromiso do autor coa lingua galega
.
MIUZALLAS
Miuzallas é a revista do Colectivo Estiño onde se recollen os traballos realizados en torrno á temática anual elixida para a realización do calendario colavorativo, en cuxa elaboración participamos 24 centros educativos. Este ano foi sobre os postres tradicionais da nosa terra e como complemento á cociña tradicional galega que se realizou anteriormente. Baixo o título de LAMBETADAS a revista recolle ditos poemas, sopas de letras, a vida de Carlos Casares e tamén artigos, e receitas para poder ler e realizar na escola ou coas familias coa intención de fomentar e propiciar accións educativas relativas á saúde no ámbito escolar e familiar, potenciando a adquisición dunha alimentación saudable.
TVG NA BIBLIOTECA
Se picas na primeira imaxe darache acceso ao vídeo do programa
O MAIO
Este ano, por primeira vez, celebramos os MAIOS no noso centro, co obxectivo de que o noso alumnado coñeza as nosas tradicións ao mesmo tempo que fomentamos a creatividade, a música, o traballo de investigación e o traballo en equipo. É unha festa tradicional galega para dar a benvida á chegada da primavera e a procura das boas colleitas.
XOSÉ ANTONIO PEROZO
Xosé Antonio Perozo nunha charla impartida ao alumnado de 3º e 4º de primaria explica como fai para escribir os libros para rapaces e rapazas e a través do libro "Salven os ameneiros" escrito para a campaña do día da árbore e a auga, fai entrar ao alumnado polos vieiros da fantasía nos territorios da nosa realidade territorial, axudando aos nenos e nenas a achegarse á Natureza dun xeito entretido e tamén educativo.