POEMA COLABORATIVO DO APALPADOR


O apalpador
é un bonachón
que leva castañas
no seu pantalón

Baixa das montañas
polas noiteboas
cheo de castañas
e de boas novas

No ceo a lúa chea
mira caladiña
como o apalpador
baixa ás casiñas

E mira moi contenta
como con moito amor
entra pola xanela
o vello apalpador

Para deixar agasallos
cheos de luz e cor
con moito sentimento
e feitos con amor

A lúa escapa
para deixar paso ao día
o apalpador vaise
comendo sandía

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se queres deixar os teus comentarios, podes facelo aquí