Polo día das Letras Galegas 2021, este ano dedicado a Xela Arias, o alumnado de 6º de primaria fixo un traballo sobre a vida e obra da homenaxeada que quedou plasmado nun pequeno programa na nosa radio escolar, "Ponte na Radio"
Para celebrar o día das Letras Galegas o alumnado de 6º de Educación Infantil canta o HIMNO GALEGO, primeiro no patio e despois na biblioteca. A letra da canción é o poema titulado Os pinos escrito por Eduardo Pondal que forma parte da súa obra "Queixumes dos pinos" e a música foi composta polo músico galego Pascual Veiga.
Tamén cada nena e cada neno fixo un pequeno libro para coñecer un pouco da vida e obra de XELA ARIAS, autora homenaxeada por este día das Letras Galegas 2021
Letras Galegas 2021
Traballo de investigaciòn sobre a vida e obra de Xela Arias ilustrado polo alumnado de 5º e 6º de primaria
Ademais a presentación oral polo alumnado, primeiro, de 1º de primaria e a continuación polo de 6º de primaria
Os maios é unha festa popular galega para festexar a chegada da primavera e o final do inverno con cantos e con creativas construccións vexetais