O arte de contar historias abre un universo que nos invita a soñar, reflexionar, pensar, disfrutar e sobre todo compartir. E ninguén mellor que José Campanari para levarnos da man por eses camiños cheos de contos e historias.
Para conmemorar a semana da Paz, desde os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, fixemos dúas propostas da súa bibliografía. Trenfugiados e E que podo facer eu?
Por que estes dous libros? Pois ben, aínda que os dous son diferentes na súa temática, teñen en común que a partir da súa lectura invitan a unha reflexión profunda do que está a pasar na vida de moita xente. Como é posible que un xesto sinxelo de axuda á alguén que temos ao noso lado sexa un enorme xesto de Paz.
Aquí vos deixamos un STOP MOTION creado por OQO Films do conto E que podo facer eu?
Como xa saberedes, José Campanari vai visitar o noso colexio para falarnos destes dous contos tan interesantes e da súas experiencias como contador de historias. Dende a Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega
propoñémosvos un desafío:
QUEN É JOSE CAMPANARI ?
1º Le os seguntes artigos para coñecer algúns datos da súa biografía:
2º Busca na Biblioteca do cole e en Internet información sobre os libros e contos que escribíu.
3º Participa no CHALLENGE KAHOOT que colgaremos neste blog o mércores 26.
Aquí vos deixo o KAHOOT!! Disfrutádeo!☺
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se queres deixar os teus comentarios, podes facelo aquí