Día de Rosalía de Castro 23 de Febreiro
Ola a todas!!
Esta semana pasada tivemos unha festa das boas. O xoves 23 de febreiro foi o Día da nosa querida Rosalía e en BIBLIOPONTE puxémonos a maquinar nas actividades para conmemorar o Dia de Rosalía de Castro. Isto foi o que fixemos:
XOVES 23 FEBREIRO:
Durante o tempo de lecer, emitimos por megafonía un pequno recital en honra a Rosalía alternando música e recitado de poemas. Aqui vos deixamos un cachiño para que o desfrutedes:
VENRES 24 FEBREIRO
O alumnado do centro achegouse á vida e obra de Rosalía de Castro a través das seguntes actividades:
- kamishibai de Rosalía, a cargo das alumnas/os de 6°A de EP.
- Recitado e interpretación do poema " Miña Casiña, meu lar", a cargo das alumnas/os de 6° B.
- Degustación do Caldo de Gloria: As fantásticas cociñeiras do Comedor Escolar fixéron un Caldo de Gloria ben saboroso que degustamos durante o lecer. Algún repetiu ata cinco veces. Seredes lanbóns!!!
Feliz Dia de Rosalía!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se queres deixar os teus comentarios, podes facelo aquí