OBRADOIRO DE RADIO en Ponte Na Radio 2023
Por fin tivemos ese obradoiro de radio escolar que estabamos esperando.
Este ano, o obradoiro foi presentado por Damián Alonso de Ponte Nas Ondas. O alumnado de 5ºA e 5ºB de EP pasou toda a mañá aprendendo o mañexo de Audacity, traballando a dicción e practicando coa emisora,
Foi unha mañá ben proveitosa!
Aquí vos deixamos unhas fotos e o programa que elaboramos todas xuntas durante o obradoiro.
Grazas, Damián!!!
LETRAS GALEGAS 23: A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO
O Galego é unha lingua fermosa, rica en vocabulario e matices. cal é a palabra máis fermosa do Galego?
QUEREDES VER AS VOSAS PALABRAS FAVORITAS?
LETRAS GALEGAS 23: PROXECTO A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
Durante so meses de abril e maio traballamos todo o centro neste proxecto no que estudamos distintos aspectos da música tradicional galega: os instrumentos, os estilos musicais e os intérpretes.
Na semana das Letras Galegas todas as aulas amosamos o noso traballo e desfrutamos bailando e cantando todas xuntas.
LETRAS GALEGAS 23: O CONTO VIAXEIRO
Rapaces, estamos moi contentas do resultado do PROXECTO do CONTO VIAXEIRO.
Aquí o tedes! Sodes uns artistas!!!
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. LETRAS GALEGAS 2023
O alumnado de 6º de EP elaborou esta revistiña chea de pasatempos en torno á figura homenaxeada nas Letras Galegas 2023.
Moito tivemos que estudar!!!
LETRAS GALEGAS 2023
O mes de maio é moi querido na nosa biblioteca porque honenaxeamos as LETRAS GALEGAS.
Este ano, o Equipo de Normalización e o Equipo de Biblioteca decidimos facer propostas que nos permitan xogar, crear, bailar e cantar coa nosa lingua.
A palabra máis fermosa do Galego.
O Galego é unha lingua fermosa, rica en vocabulario e matices. cal é a palabra máis fermosa do Galego? Busquémola todos xuntos!!!
Traballaremos a figura do autor homenaxeado a través de distintos materiais e recursos e crearemos unha revista de pasatempos entorno á súa figura.