Boas rapazada,
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca que este curso ten como lema "BIBLIOTECA ESCOLAR, Á ESCENA!. Aquí vos deixamos o cartel:
Boas rapazada,
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca que este curso ten como lema "BIBLIOTECA ESCOLAR, Á ESCENA!. Aquí vos deixamos o cartel:
Aquí estamos de novo para animarvos a participar na proposta que o ENDL Extraescolares e BIBLIOTECA traemos para celebrar o Samaín:
Xa estamos no outono. época de castañas, follas caídas e festas cheas de maxia e meigas. A finales do mes de outubro, conta a lenda, que as portas do munto dos mortos e dos vivos abríanse para permitir o tránsito dos espíritos. Esta festa do día dos mortos celébrase por todo o mundo e recibe distintos nomes:
SAMAÍN, HALLOWEEN, DÍA DOS MORTOS, ...
II CONCURSO DE RELATOS ARREPIANTES
Boas rapazada!
Aquí estamos de novo en Biblioponte coa cabeciña zoando en busca de novas lecturas e proxectos que nos leven por aventuras maravillosas neste curso que acaba de comezar.
Como cada ano as titorías disporán dúnha hora para baixar á biblioteca, o alumnado voluntario xa está quecendo motores para colaborar nas tarefas de préstamo, organización,... As mochilas viaxeiras comezarán a súa andaina polas casas en breve e temos outras interesantes propostas que xa están dando os primeiros pasos:
- Iniciamos unha viaxe fantástica no CLUB DE LECTURA co Misterio de Portomarín de Antía Yáñez.
- As nenas e nenos de 4º comezaron un precioso proxecto para crear audiolibros para o alumnado de EI e da Aula Específica.
Como vedes en Biblioponte non hai tempo que perder. Colle folgos e agárrate a un libro!!!
Esperámoste en BIBLIOPONTE!!