Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

SAMAÍN 2024

 Aquí estamos de novo para animarvos a participar na proposta que o ENDL Extraescolares e BIBLIOTECA traemos para celebrar o Samaín:

Xa estamos no outono. época de castañas, follas caídas e festas cheas de maxia e meigas. A finales do mes de outubro, conta a lenda, que as portas do munto dos mortos e dos vivos abríanse para permitir o tránsito  dos espíritos. Esta festa do día dos mortos celébrase por todo o mundo e recibe distintos nomes:

SAMAÍN, HALLOWEEN, DÍA DOS MORTOS, ...


Que sabedes destas celebracións?

Propoñémosvos que investiguedes  e fagades un mural contándonois o que descubristes:
  •  EI e 1º Ciclo: Que é o Samaín? 
  • 2ºCiclo: Investigamos sobre o Halloween.
  • 3º Ciclo: Día dos Mortos( México)

EXPOSICIÓN DE ZAPATOS E VASOIDEAS  BRUXAS




   II CONCURSO DE RELATOS ARREPIANTES



Anímate a participar!!!

COMEZAMOS

 Boas rapazada!

Aquí estamos de novo en Biblioponte coa cabeciña zoando en busca de novas lecturas e proxectos que nos leven por aventuras maravillosas neste curso que acaba de comezar. 

Como cada ano as titorías disporán dúnha hora para baixar á biblioteca, o alumnado voluntario xa está quecendo motores para colaborar nas tarefas de préstamo, organización,... As mochilas viaxeiras comezarán a súa andaina polas casas en breve e temos outras interesantes propostas que xa están dando os primeiros pasos:

- Iniciamos unha viaxe fantástica no CLUB DE LECTURA  co Misterio de Portomarín de Antía Yáñez.

- As nenas e nenos de 4º comezaron un precioso proxecto para crear audiolibros para o  alumnado de EI e  da Aula Específica.

Como vedes en Biblioponte non hai tempo que perder.  Colle folgos e agárrate a un libro!!! 

Esperámoste en BIBLIOPONTE!!