RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL
25 NOVEMBRO
DIA DA BIBLIOTECA
O MAGOSTO
SAMAÍN 2021
COIDAMOS O NOSO PLANETA
POEMAS DE MANUEL MARÍA
ENTREVISTA A ISMAEL, CONSERXE DO COLE, SOBRE OS BATUXOS
OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO
MANGA
A PONTE VELLA 2021
RECOMENDACIÓNS LECOTRAS 2021
POESÍA EN PONTE NA RADIO
MÁIS PROGRAMAS DE RADIO
PROGRAMAS DE RADIO
TALLER DE POESÍA
ERA UNHA VEZ NA QUIMBAMBA
As nenas e os nenos de 3º e 4º de primaria recitan poemas do libro de Antón Cortizas ERA UNHA VEZ NA QUIMBAMBA. Ao escoitar recitar, os poemas diste divertido libro, entramos nun mundo de fantasía, rimas, sonoridade, imaxinación e humor.
PONTE NA RADIO: PROXECTO MEDIO AMBIENTE
PONTE NA RADIO: XELA ARIAS
Polo día das Letras Galegas 2021, este ano dedicado a Xela Arias, o alumnado de 6º de primaria fixo un traballo sobre a vida e obra da homenaxeada que quedou plasmado nun pequeno programa na nosa radio escolar, "Ponte na Radio"
POESÍA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O ALUMNADO DE 4 ANOS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O ALUMNADO DE 5 ANOS CANTA O HIMNO GALEGO POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Para celebrar o día das Letras Galegas o alumnado de 6º de Educación Infantil canta o HIMNO GALEGO, primeiro no patio e despois na biblioteca. A letra da canción é o poema titulado Os pinos escrito por Eduardo Pondal que forma parte da súa obra "Queixumes dos pinos" e a música foi composta polo músico galego Pascual Veiga.
Tamén cada nena e cada neno fixo un pequeno libro para coñecer un pouco da vida e obra de XELA ARIAS, autora homenaxeada por este día das Letras Galegas 2021
XELA ARIAS
Letras Galegas 2021
Traballo de investigaciòn sobre a vida e obra de Xela Arias ilustrado polo alumnado de 5º e 6º de primaria
Ademais a presentación oral polo alumnado, primeiro, de 1º de primaria e a continuación polo de 6º de primaria
PRESENTACIÓN DE XELA ARIAS EN GENIALLY
OS MAIOS
Os maios é unha festa popular galega para festexar a chegada da primavera e o final do inverno con cantos e con creativas construccións vexetais
JOSÉ CAMPANARI EN VIDEOCONFERENCIA POLO DÍA DO LIBRO
O PROFESORADO TAMÉN RECOMENDA POLO DÍA DO LIBRO
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE EDUCACIÓN INFANIL E CONTACONTOS NA BIBLIOTECA, POLO DÍA DO LIBRO
DÍA DO LIBRO 2021
ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
PAREADOS POLO DÍA DA POESÍA
RIMA ARRIMADA
OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO
DÍA DA MULLER 2021
ROSALÍA DE CASTRO
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2021
VENRES DE ENTROIDO 2021
TEMPO DE ENTROIDO 2021
LECTURAS QUE NAMORAN
ENTROIDO 2021
DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021
O día 13 de febreiro, celebramos O DÍA MUNDIAL DA RADIO, unha efeméride proclamada pola ONU en 2012. O obxectivo principal deste día é concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio, convidando a reflexionar sobre o seu servizo para, entre moitas accións, combatir a desinformación e axudar ás necesidades da sociedade.
Desde a nosa biblioteca, e a proposta do colectivo radiofónico Rede Espora, queremos celebrar este día coa gravación de entrevistas aos nosos maiores: pais, nais, avós, avoas, bisavós e bisavoas, sobre a presenza da radio nas súas vidas, contestando a dúas preguntas: Cando eras pequeno/a cal era o teu programa favorito? e onde escoitabas a radio?
Así quedaron as nosas aportacións:
Paula e Pedro de 1º, Noa de 4º e Celia de 5ºB
REDE ESPORA:
Hoxe, 13 de febreiro a UNESCO promove o Día Mundial da Radio, nós para festexalo imos facer unha viaxe no tempo, da man dos nosos maiores, de toda a xente que ao igual que todos nós, dende que eran pequenas estiveron acompañadas pola maxia da radio. Deixémonos levar durante uns minutos nesta máquina do tempo polas lembranzas das persoas que nos acompañan e nos queren e achegan as súas voces dende as catro provincias galegas desde os seguintes centros educativos: CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal, CEIP Ramón de Valenzuela en Bandeira, CEIP Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar, CEIP Frian en Teis, CEIP Víctor Saénz en Mazaricos, CEIP da Torre Cela en Bueu, IES Valadares de Vigo, CEIP A Ponte de Lugo, CEIP Plurilingüe de San Benito de Lérez en Pontevedra e o CEIP Plurilingüe de Chancelas en Combarro.
Con estas aportacións recompiladas por Rede Espora figuramos a nivel mundial na web da UNESCO
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O día internacional da muller e a nena na ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, foi aprobado pola Asamblea xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas e tamén para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e das nenas. Este día é un recordatorio de que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fudamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse.
Para celebrar este día recordamos a científica MARIE CURIE que foi a primeira muller en recibir dous premios Nobel, en Física e Química e a primeira muller en ocupar o posto de profesora na Universidade de Paris. Elena e Noelia fan un repaso pola súa vida e obra.
Tamén queremos visibilizar, novamente, os traballos realizados polo alumnado de 6º no mes de novembro, mes da ciencia, sobre mulleres científicas
.SOLTA DE POMBAS
ABECEDARIO DA PAZ
PAZ É...
O 30 de xaneiro, celebramos o dia escolar da non violencia e a paz. As nenas e nenos de 2º de primaria reflexionan sobre o que é vivir en paz coa lectura do libro de Tood Paar O LIBRO DA PAZ
POLO DÍA DA PAZ, DI NON A...
PREMIOS NOBEL DA PAZ
A PAZ
PAZ é viaxar a moitos lugares. PAZ é dar calor. PAZ é que todo o mundo teña un fogar... Para celebrar o DÍA DA PAZ as nenas e os nenos de 1º de primaria fan un repaso por todas as accións cotidiáns que cando se dan, constitúen un entorno de PAZ.
LIBROS DE PAZ
PODCAST: PAN DE MILLO
As nenas e os nenos de 1º de primaria participan na bonita experienia de gravar un podcast na radio escolar do centro PONTE NA RADIO. O tema escollido foi o contido dunha canción titulada "Pan de millo". A través da radio escolar podemos traballar tanto a nivel individual como grupal, moitas habilidades e competencias: lingüísticas, artísticas, musicais...utilizando a forma de podcast que consiste en compartir arquivos de audio de corta duración.