Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
RECOMENDACIÓN LECTORA POLO DÍA DO LIBRO 2017
EL UNIVERSO PARA ULISES de Juan Carlos Ortega, publicado pola editorial Planeta é unha recomendación lectora feita por Carlos Puebla González de 6º de primaria. O libro é un percorrido fascinante de un pai e un fillo polos segredos que esconde o firmamento partindo dunha particular historia do cosmos, o libro desgrana o pensamento de todos aqueles científicos que aportaron o seu grao de area para que hoxe comprendamos mellor os principios polos que se rixe o universo. Está explicado cunha linguaxe moi sinxela peo á vez precisa e rigurosa.
DÍA DA ARTE GALEGA
A Real Academia Galega de Belas Artes celebra o día das Artes Galegas cunha homenaxe, neste 1 de abril de 2017 a Maruja Mallo, pintora, creadora universal, transgresora e libre. MARUJA MALLO naceu en Viveiro en 1902, destacou pola orixinalidade da súa obra plástica, o seu contacto con artístas, escritores e intelectuais como Dalí, Lorca, Bretón ou Eluard, a súa integración ás vangardas, así como polo seu carácter transgresor e pola defensa dos dereitos da muller.
OS AMENEIROS
Os libros: "Eva, o trasno e o ameneiro", para Educación Infantil e "Salven os ameneiros" para o alumnado de Primaria, escritos por Xosé A. Perozo e ilustrados por Estefanía Padullés e Viki Berre, son os materiais empregados para traballar neste día da árbore e da auga, co obxectivo de educar ao alumnado no coñecemento do hábitat e das especies que temos máis pretos de nós. Esta campaña está promovida pola Deputación de Lugo. Este ano as historias están creadas en torno ao ameneiro, especie que está a sufrir un ataque de fungos cunha dimensión sen precedentes nas terras de Lugo.
DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA 2017
O alumnado de terceiro de primaria investigou sobre o ameneiro e o carballo, para coñecer mellor o noso entorno natural e para concienciarnos da importancia das árbores e da auga para a vida, pero tamén para a producción de enerxía e como transformadora da paisaxe, nunha provincia, Lugo, que é a de maior territorio protexido polas Reservas da Biosfera.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)