Nuria Devesa Núñez ten publicados dous libros de poemas. O primeiro titulado "LA VIDA", recolle poemas e debuxos da súa etapa de Infantil, cheos de frescura, espontáneidade e imaxinación. O segundo titúlase: "YO QUIERO TENER UN LIBRO ASÍ" recolle poemas e debuxos desta etapa actual en que Nuria ten nove anos, onde se observa certa evolución na linguaxe e na temática, estando cheos de fantasía, sinxeleza e musicalidade. Esperamos que a lectura destes dous libros de poemas, aproveitando o tempo de vacacións, sexa do voso agrado.
Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2014
Coa chegada das vacacións de verán, poñemos á vosa disposición unha guía de recomendacións lectoras para todas as idades, co obxectivo de fomentar a lectura entre o noso alumnado, así como entre toda a comunidade educativa. O verán é tempo de lecer e sen dúbida tempo de lecturas. Disfrutade!
"A GRANXA CARAMELO" CONTO ESCRITO POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE CINCO ANOS
"A granxa Caramelo" é un bonito conto escrito e ilustrado polo alumnado de Educación Infantil de cinco anos
LER EN FAMILIA
Neste vídeo, ofrécense pautas par a lectura en familia e para que os nenos e as nenas amen a lectura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)