Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
JOSÉ CAMPANARI EN VIDEOCONFERENCIA POLO DÍA DO LIBRO
O alumnado de 1º de primaria, para celebrar o día do libro, falou por videoconferencia con JOSÉ CAMPANARI autor do libro SÍGUEME, ilustrado por Roger Olmos e editado por OQO,que foi o libro escollido por toda a clase como favorito. Campanari contestou a todas as preguntas que as nenas e os nenos lle fixeron.
O PROFESORADO TAMÉN RECOMENDA POLO DÍA DO LIBRO
Para celebrar o día do libro,o profesorado tamén compartiu o seu gusto lector a través da plataforma dixital Padlet
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE EDUCACIÓN INFANIL E CONTACONTOS NA BIBLIOTECA, POLO DÍA DO LIBRO
As familias do alumnado de educación infantil de 5 anos a través da ferramenta multimedia PADLET compartiron os gustos lectores dos seus fillos e fillas para celebrar o día do libro, e para seguir disfrutando cos libros e cos contos participaron dunha divertida sesión de contacontos na biblioteca.
DÍA DO LIBRO 2021
Que mellor forma de celebrar o día do libro que poñernos todos de acordo para recomendar un libro co obxectivo de fomentar a lectura como ferramenta para a apertura hacia novos coñecementos e recurso que axuda ao desenvolvemento da creatividade e as capacidades cognitivas.
A orixe do do día do libro data de 1926 e é debido a que nese día morreron Cervantes, Sakespeare e Garcilaso de la Vega. Neste día, como acto simbólico para a literatura, recordamos o obra universal de Cervantes Don Quixote da Mancha, lemos a aventura dos muíños e debuxamos
Tamén, o alumnado de 1º charlou por videoconferencia con JOSÉ CAMPANARI do seu libro Sígueme
ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
Polo día da poesía Manuel de 5º C recita Adiós ríos, adiós fontes, fermoso poema de Rosalía de Castro que en boca de Manuel cobra unha sensibilidade e unha musicalidade especiais. Noraboa Manu!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)