Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 24/25

 

Coma todos os anos, desde a Biblioteca do colexio, queremos animarvos a que disfrutedes da lectura, e para eso achegamos algunha recomendación. Aproveitade estas vacacións para visitar a Biblioteca pública porque alí atoparedes ademáis destas lecturas, outras ben interesantes.





 Bo Nadal a todas!!!


OS NOSOS EXPERIMENTOS NO MES DA CIENCIA 24/25

 Aquí vos deixamos algúns exemplos do moito que traballastes no mes de novembro: MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA facendo expreimentos relacionados coa auga.

                                                                          3º A



.     
1° A



4º A 





25N: O RÍO DO ESQUECEMENTO

 

Recursos para traballar o 25N:


Para celebrar o 25N: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER    os equipos de Biblioteca, Normalización linguística e Extraescolares propoñen realizar un mural colaborarivo: O Río de Esquecemento. 

Cada un de nós faremos un barquiño de papel no que escribiremos os aspectos negativos que queremos esquecer en torno á violencia que a sociedade exerce contra as mulleres.

Aquí vos deixamos un enlace para aprender a facer barcos de papel con distintos niveis de dificultade:


Tamén vos deixamos  algúns recursos que podedes atopar na biblioteca e na Internet para traballar nas aulas:

https://youtu.be/NuhZZdjRU-g?si=WJupw_IPdzgQBZgw





Outros recursos: 

Sabes por que se escolleu o 25 de novembro como data comemorativa? E as bolboretas...cal é o seu significado?


Como facer bolboretas de papel https://www.youtube.com/watch?v=glprCZujOeY


Puerta violeta, Rozalén. Canción con Pictogramas (para autistas) https://www.youtube.com/watch?v=45hsKCYGDUA




NOVEMBRO MES DA CIENCIA 24/25

Xa estamos en novembro e toca falar de.....CIENCIA!!!

Se sempre queres saber cando, como e por que suceden as cousas...é posible que teñas unha pequena científica no teu interior. Aquí che deixamos algúns recursos para descubrilo:


Podes consultalo na bibliotecado cole!



          Le este cómic do CSIC 4 girls  que nos explica en que consiste ser unha persoa científica:

Sabes en que consiste o método científico?

Agora que xa te informaches poderías explicarnos a nós o que aprendiches?
Que é a ciencia?
 Que caracteríaticas ten unha pewrsoa científica?
En que consiste o método científico?

 Pode ser a través dun debuxo, un cómic, unha redacción, ... esperamos os teus traballos!!!

Finalmente, queremos propoñerche algúns experimentos para que comeces a pensar cando, como e o por que das cousas...e como este ano estamos traballando o PDI "O Rio Miño, O noso veciño" presentámosche exprerimentos relacionados coa auga:





















Tamén vos deixamos unha folla para recoller as observacións e os reultados dos vosos experimentos:




PRESENTAMOS O NOSO PDI: RÍO MIÑO: O NOSO VECIÑO

 

Presentamos o PDI, Proxecto Documental Integrado, que imos desenvolver este curso 24/25:

O RÍO MIÑO, O NOSO VECIÑO

O noso colexio está situado á beiriña do Río Miño. A súa auga  acaricia suavemente o noso centro e é testemuña da vida e das historias que cada curso transcorren aquí.  Pero o propio río tamén está cheo de vida e de historia, só temos que asomarnos un pouquiño para atoparnos coas familias de parrulos, ca nosa veciña a garza que sempre nos saúda ao cruzar a Ponte Vella ou coas lontras que asoman a súa cabeciña, de cando en vez, mentres nadan veloces cara ao Balneario que acolle no seu interior As Termas Romanas.

Este curso, en Biblioponte, queremos animarvos a coñecer ao noso veciño, O Río Miño, que aínda que está aquí, ao ladiño, poucas veces imos parolar con el, preguntarlle como está de saúde, cantas especies diferentes de árbores viven ao seu carón ou se os moitos animaliños que habitan nas súas augas ou entre as súas pedras se portan ben con el.

Por iso, queremos que fagades esta actividade na aula para saber que sabede sobre o noso veciño e que máis cousas queredes saber:


OBXECTIVOS:

  • Lograr sensibilizar as nenas e nenos sobre do valor dos nosos ríos.
  • Concienciar ao alumnado do dano que se pode causar ao tirar lixo e plástico na natureza.
  • Fomentar e promover o contacto directo dos nenos e nenas coa súa contorna.
  • Aumentar os coñecementos sobre as diferentes especies de fauna e flora dos ecosistemas fluviais máis cercanos.
  • Fomentar o interese e curiosidade polas cuestións que afectan á protección do medio ambiente e desenvolver actitudes de respecto cara a este.
  • Saber incorporar a información que procede da súa propia experiencia.
  • Utilizar e ler as distintas linguaxes textuais e gráficas
  • Expresarse de forma oral, escrita e gráfica sobre os temas expostos
  • Iniciarse na utilización das tecnoloxías da información e da comunicación e no desenvolvemento do espírito crítico.
  • Favorecer o intercambio de experiencias e opinións.
  • Fomentar o compañeirismo e o respecto mutuo.

DÍA DA BIBLIOTECA 24/25

 Boas rapazada,

O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca que este curso ten como lema   "BIBLIOTECA ESCOLAR, Á ESCENA!. Aquí vos deixamos o cartel:




Enviamos de viaxe ás nosas MOCHILAS VIAXEIRAS que foron chegando a todas as aulas para empezar a viaxar por todas as casas do cole. Esperamos que as coidedes moito porque van cheas de aventuras en galego, castelán e inglés! . Este curso, como novidade, van acompañadas do CADERNO VIAXEIRO que vai ir recollendo as visitas que cada mochila fai.

Tamén demos a benvida aos voluntarios da biblioteca que se encargarán de colaborar no prestamo e devolución, na orde na biblioteca e en pequenas tarefas de decoración,...





SAMAÍN 2024

 Aquí estamos de novo para animarvos a participar na proposta que o ENDL Extraescolares e BIBLIOTECA traemos para celebrar o Samaín:

Xa estamos no outono. época de castañas, follas caídas e festas cheas de maxia e meigas. A finales do mes de outubro, conta a lenda, que as portas do munto dos mortos e dos vivos abríanse para permitir o tránsito  dos espíritos. Esta festa do día dos mortos celébrase por todo o mundo e recibe distintos nomes:

SAMAÍN, HALLOWEEN, DÍA DOS MORTOS, ...


Que sabedes destas celebracións?

Propoñémosvos que investiguedes  e fagades un mural contándonois o que descubristes:
  •  EI e 1º Ciclo: Que é o Samaín? 
  • 2ºCiclo: Investigamos sobre o Halloween.
  • 3º Ciclo: Día dos Mortos( México)

EXPOSICIÓN DE ZAPATOS E VASOIDEAS  BRUXAS




   II CONCURSO DE RELATOS ARREPIANTES



Anímate a participar!!!

COMEZAMOS

 Boas rapazada!

Aquí estamos de novo en Biblioponte coa cabeciña zoando en busca de novas lecturas e proxectos que nos leven por aventuras maravillosas neste curso que acaba de comezar. 

Como cada ano as titorías disporán dúnha hora para baixar á biblioteca, o alumnado voluntario xa está quecendo motores para colaborar nas tarefas de préstamo, organización,... As mochilas viaxeiras comezarán a súa andaina polas casas en breve e temos outras interesantes propostas que xa están dando os primeiros pasos:

- Iniciamos unha viaxe fantástica no CLUB DE LECTURA  co Misterio de Portomarín de Antía Yáñez.

- As nenas e nenos de 4º comezaron un precioso proxecto para crear audiolibros para o  alumnado de EI e  da Aula Específica.

Como vedes en Biblioponte non hai tempo que perder.  Colle folgos e agárrate a un libro!!! 

Esperámoste en BIBLIOPONTE!!

XORNADAS XOGOS TRADICIONAIS. LETRAS GALEGAS. PDI Ponte nos Xogos

 Ben rapazada, sei que estades esperando este vídeo sobre as Xornadas de Xogos tradicionais que desfrutamos na semana das Letras Galegas. Dende os Equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca queremos darvos as grazas polo moito que vos implicastes e o ben que traballastes para levar a cabo este proxecto. 

Non esquezades que os materiais creados por todas e todos vós, estarán á vosa disposición para xogar nos tempos de lecer.



👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋


PONTE NA RADIO: PODCAST: LUISA VILLALTA E O PRESTIGE. LETRAS GALEGAS 23/24

 

O alumnado de 3ºB fixo unha tarefa de investigación sobre un aspecto máis persoal da escritora. A súa faceta de activista dentro do Movemento Nunca Máis, con motivo do afundimento do Prestige na costa galega.

Aquí vos deixamos o podcast: Luisa Villalta e o Prestige: