O apalpador é unha das figuras míticas máis relevantes da tradición do Nadal galego. Nestas datas este home de monte baixa do Courel cun saco cheo de castañas para repartir entre os nenos e as nenas do noso cole.
Chegou o Nadal á nosa biblioteca, e co Nadal, os libros, as guías de lectura, os marca páxinas, as lecturas especiais, as narracións, a poesía, o libro como agasallo e tamén a decoración como animación, como fomento da creatividade, da habilidade manual, inspirada, nas lendas, na lectura, na historia e na poesía para transmitir o valor da dedicación para crear algo único e personalizado co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura e pola biblioteca e o interese pola formación e información.
FLORES SILVESTRES é o tema proposto este ano polo Colectivo Estiño.
Neste colectivo participamos 27 centros da provincia de Lugo e de Ourense, para a realización de traballos tanto plásticos como de investigación sobre as flores silvestres de Galicia e así co material aportado por cada centro escolar elaborar un calendario e un xonal escolar: "Miuzallas" onde aparecen publicados todos os traballos realizados en torno ao tema.
O Equipo de biblioteca do noso centro aproveitando o tema do mes de novembro. "Novembro mes da ciencia en galego", ademais de traballar sobre o Chuchamel ou Herba Salgueira que foi o tema que nos tocou, tamén realizamos pequenos traballos sobre outras flores comúns no noso entorno, traballando sobre o nome común, o nome científico, a descripción, a localización, as aplicacións medicinais e culinarias, curiosidades, o seu nivel de conservación, as partes da flor, o seu proceso reproductivo, etc
Este calendario que vedes na foto suxeitado por David e Paula foi o resultado final do calendario colectivo
Co mural "FLORES PARA MEDRAR EN IGUALDADE" intentamos reflexionar e aportar o noso grao de area na loita contra a violencia hacia as mulleres, realizando actividades que fomentan o traballo cooperativo, coeducativo, o dereito de cada persoa e a igualdade entre homes e mulleres.
É moi importante que medren sabendo que tanto homes como mulleres deberíamos ter as mesmas oprtunidades, os memsmos dreitos,as mesmas necesidades, ser capaces de denunciarr todas as desigualdades e desenvolver valores de tolerancia, respecto, amor hacia o outro.
O día 25 de novembro, celebramos o día mundial contra a violencia de xénero. Co mural "Flores para medrar en igualdade" queremos reflexionar e traballar sobre os estereótipos, a prender a respectar ao outro, coñecer o significado da violencia de xénero e todo o que conleva, recoñecer o abuso, unha amenaza, unha actitude pouco adecuada e principalmente inculcar valores de tolerancia, respecto, e igualdade.
Poesía e traballo de investigación no outono. Laura e Samuel recitan bonitos versos de temática outonal e Yaiza e Noa presentan un traballo de investigación sobre o importancia do magosto na nosa terra
Yaiza e Noa de 6º fan unha ronda de refráns sobre o outono. Os refráns forman parte da nosa cultura e debemos conservalos vivos pois trnasmiten coñecementos dunha maneira sinxela e divertida
Para celebrar o Samaín a biblioteca encheuse de libros e de contos, libros que nos contan a historia do Samaín e de moitos contos de medo, de terror pero tamén divertidos que nos contan historias sobre sapos, bruxas, fantasmas, castelos encantados, ogros, esqueletos e moitos personaxes máis que dan medo, pero que tamén nos fan rir. Ademais tivemos sesión de contacontos a cargo de nenos e nenas de 6º curso:
Ana e Samuel contaron "O noso Samín"
Emily e Lucía Valcárcel "Os esqueletos divertidos" e
A Biblioteca escolar é un lugar privilixiado para estimular a poesía , para descubrila, para disfrutala..A poesía é ritmo, música, xogo, intuición, emoción fantasía, creación, dominio da linguaxe...
POÉTICAS DIVERSAS na biblioteca escolar é o lema que a Consellería de Educación propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019 para descubrir a poesía que nos rodea.
Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de POESÍA, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son
Un refrescante e divertido baile dentro da auga. O alumnado de quinto baila ao son do" Danubio azul" de Johan Strauss, con moito estilo e con moitas ganas de refrescarse e de descansar do longo e intenso curso que acabamos de rematar.
Felices vacacións!!!!!!!
Para conmemorar o día das letras galegas, poesía de María Victoria Moreno, Música de Fuxan os Ventos e a montaxe foi realizada polo alumnado de 6º de Primaria do CPI Plurilingüe de Navia de Suarna e a súa profe, Rosalía.
Seguindo coas actividades do día do libro recordamos especialmente ao universal Miguel de Cervantes Saavedra e a súa obra mestra Don Quixote da Mancha coa lectura en voz alta do libro por parte de Ana del Río Candia.
Hoxe, 23 de abril de 2018, celebramos o día do libro coa campaña de animación á lectura "LER LÉVATE AO MÁIS ALTO" onde o alumnado, o profesorado e a comunidade educativa fan as súas recomendacións lectoras.
O Principiño de Antoine de Saint-Exupery é un clásico literario que, segundo a idade que teñas cando o leas, permite diferentes interpretacións. Esa é a maxia dos libros, permitirnos aprender sempre, sen que importe a idade.
O Principiño, do autor francés Antoine de Saint-Exupéry, cumpliu, o día 6 de abril, 75 anos de existencia. É un conto que a pesares da súa apariencia sinxela posee observacións e reflexións profundas sobre a vida e a natureza humanas.
Unha exposición de 38 "Principiños" en 38 linguas diferentes é a primeira das actividades organizadas pola biblioteca en torno a esta universal obra e con motivo da celebración do día do libro 2018.
O día 2 de abril, celébrase o día internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Este día é a data do nacemento de Hans Christian Andersen.
O texto do cartel deste ano corresponde a Inese Zandere, poeta e activista da promoción da lectura, nacida en Letonia, quen titula a súa mensaxe: "Os libros fan grande o máis pequeno".
A ilustrtación foi feita por Reinis Petersons, recoñecido debuxante, nacido tamén en Letonia.
Presentamos os nosos traballos de investigación, para darlle visibilidade a esas mulleres destacadas que coas súas importantes aportacións axudaron a cambiar o mundo dando pasos en favor da igualdade: Concepción Arenal, Marie Curie, Hipatia de Alexandría, Gloria Fuertes e María Victoria Moreno entre outras moitas.
Desde a editorial kalandraka chegaron á nosa biblioteca, Sara e Alex, cunha maleta chea de contos e cargados de instrumentos musicais para contar e cantar preciosas historias como "Frederick", "A horta de Simón" e "Un máis"
O día da paz é unha oportunidade para convertirnos en instrumentos de paz e de entendimento entre diferentes tipos de persoas, para desenvolver capacidades e as competencias necesarias para unha participación activa na construcción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os nenos e nenas teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades nunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.
Día 30 de xaneiro de 2018 Día da paz e a non violencia:
"A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS" é o lema do mural realizado este ano polo día da paz. As mans de cores de papel dos nosos alumnos e alumnas cubren a pomba da paz e o símbolo da paz para recordarnos a necesidade de fomentar o diálogo, a cooperación, a solidariedade, o respecto, a non violencia e a paz. Para iso DI NON A...
DI NON Á VIOLENCIA FÍSICA, directa (empuxar, dar patadas,
agresións) e indirecta (esconder ou romper obxectos)
DI NON Á VIOLENCIA VERBAL, directa ( poner motes, insultar,
burlarse,ameazar) e indirecta (falar mal ás costas do acosado, contar mentiras
del, rirse cando se equivoca)
DI NON Á VIOLENCIA SOCIAL, ignorar ou despreciar á persoa,
organizar xogos ou actividades sen contar con ela ou impedir que participe
nelas, deixala fóra de forma deliberada.
DI NON AO CIBERACOSO, cando se molesta á victima a
través da redes sociais.
"A historia de Érika" de Ruth Vander Zee, ilustrado por Roberto Innocenti e publicado pola editorial Kalandraka é unha lectura moi recomnedada para celebrar o día da paz e a non violencia. Érika cóntanos a súa historia para evitar que se repita. Hai que manter viva a memoria dun drama que afectou a seis millóns de persoas entre 1933 e 1945. Estremecedor e impactante o testimonio narrado por Ruth Vander Zoe. As ilustracións de Roberto Innocenti deixannos sen palabras. Cada 27 de xaneiro conmemórase o día das victimas do holocausto e o día 30 de xaneiro, o día escolar pola paz e a non violencia. Dúas datas para recordar unha lectura para sempre.
O vindeiro 30 de xaneiro celebramos o día escolar pola paz no aniversario da morte de Mathama Gandhi (30 de xaneiro de 1948). Aproveitamos a data para fomentar a cultura da paz e a non violencia con seleccións bibliográficas expostas na nosa biblioteca