Hoxe día 24 de febreiro, organizamos na biblioteca do centro, un acto en homenaxe a Rosalía de Castro, coincidindo coa celebración do 177 aniversario do seu nacemento, no que alumnado de todos os cursos leron poemas das súas obras "Cantares Gallegos" e "Follas Novas" onde a voz da escritora captura todo aquelo que é digno de ser cantado.
Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
RECITANDO A ROSALÍA DE CASTRO
Entres as actividades realizadas en torno á figura de Rosalía para difundir a súa obra e o compromiso vital da escritora galega, o alumnado do centro recitou poemas dunha das súas obras máis coñecidas: "Cantares Gallegos".
DÍA 24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Yéssica, le o resultado do traballo realizado sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, figura emblemática do Rexurdimento galego e considerada a precursora da poesía moderna. Coa súa obra, a autora deulle prestixio ao galego como lingua literaria e reivindicou o seu uso, nunha época na que o galego era desprezado.
NEGRA SOMBRA
Para celebrar o día de Rosalía, o 24 de febreiro, Sabela Toirán recita o poema "NEGRA SOMBRA" de Rosalía de Castro, incluido no seu libro "Follas Novas", publicado en galego en 1880. É un dos poemas máis fermosos da literatura galega que afonda nos sentimentos e na saudade con extraordinaria sensibilidade. Foi musicalizado por Xoán Montes Capón, que creou unha melodía que intensifica notablemente o sentimento expresado no poema, creando un dos máis fermosos cantos da música popular galega.
CONTACONTOS
Iria Mesa e Paula Magide de 4º, contan contos aos máis pequeniños do cole, neste caso" Un can e un gato" de Paula Carbonell e ilustrado por Chené Gómez, conta que os dous animais ao encontrarse xogan, enfádanse, sepáranse, botánse de menos...e volven xogar. Na idade infantil é moi común vivir conflictos entre amigos e frustacións derivadas das relacións . Do mesmo xeito que lle sucede ao can e ao gato.
"A lúa ladroa" de Pablo Albo e ilustracións de Pierre Pratt. Recurre á imaxinación para que o personaxe do conto madure e supere rápidamente a desaparición do chupete, ese amigo inseparable durante tanto tempo.
"A lúa ladroa" de Pablo Albo e ilustracións de Pierre Pratt. Recurre á imaxinación para que o personaxe do conto madure e supere rápidamente a desaparición do chupete, ese amigo inseparable durante tanto tempo.
POEMAS DE AMOR DE AUTORES GALEGOS
LIBROS PARA NAMORAR
O amor é o argumento destes libros que se expoñen na nosa biblioteca. Amores imposibles, amores recícropos, amores heroicos, amores a amigos, amores a familiares. Estes libros están cheos de amor. A súa lectura farán que máis de un se namore dos libros.
ONDE ESTÁS CARACOL? Un libro para festexar o amor
Carla e Lucía contaron aos nenos e nenas de Educación Infantil o conto da Editorial OQO "ONDE ESTÁS CARACOL" de Susanna Isern, ilustrado por Leire Salaberria. Os protagonistas, un caracol e unha lagartiña, deben buscar solucións para estar xuntos e conseguir que esa amizade tan especial que teñen, poida ser alimentada cada día. Debemos loitar por aquelo que queremos, para facer realidade os nosos soños.
UNHA CANCIÓN DE AMOR
MAMÁ
Patricia, acompañada da música de acordeón de Alex, cóntanos o conto de Mariana Ruiz Johnson "MAMÁ". É un canto á maternidade a través da poesía e da arte, cheo de tenrura e alegre colorido. Un canto ao amor a á vida en toda a súa extensión, dende o ser humano e as criaturas que nos rodean, ata a Terra nai.
CONTACONTOS
Alex e Patricia da editorial Kalandraka, deleitáronnos con música e contos." Mamá" de Mariana Ruiz Johnson, "Onde viven os monstros", de Maurice Sendak e "Boas noites bufo" de Pat Hutchins foron algúns dos contos que nos fixeron disfrutar aos miúdos e aos maiores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)