O Samaín xa está na nosa Biblioteca e para ir entrando en materia aquí vos deixamos este video titulado "NO SAMAÍN" que é unha das doce cancións incluídas no libro-CD-DVD "BRINCA VAI" composto e interpretado por Paco Nogueiras, ilustrado por David Pintor, vídeos de Sr Sagüilo e publicado por Kalandraka.
Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Para celebrar o día das bibliotecas escolares fixemos unha exposición dunha das obras máis recoñecidas da literatura universal: "O PRINCIPIÑO" de Antoine de Saint Exupèry que tamén foi a obra máis coñecida deste autor, traducida a máis de cento oitenta idiomas. Na nosa biblioteca incluímos exemplares escritos en difernetes idiomas desde galego, castelán, vasco e catalán, hasta tatín e grego pasando por gaélico, islandés, finés, holandés, árabe, hindú, xaponés, afrikaans, francés, inglés, italiano, croata e moitos máis. É un conto para todas as idades que aborda temas tan profundos como a vida, o amor, a morte, a amizade, as actitudes e as preocupacións da vida. Este entrañable personaxe é un neno que viaxa de planeta en planeta facendo preguntas. Vive nun pequeno planeta que poderiamos identificar como a súa propia vida, así o resto dos planetas que visita son en realidade as vidas doutras persoas. O feito de que o seu planeta sexa tan pequeno ven dicirnos que ten moito que vivir e aprender. Na hora do recreo alumnos e alumnas dos diferentes cursos leron fragmentos da obra no noso idioma e tamén nun idioma diferente, A continuación o visionado da película. Unha experiencia moi exitosa e reconfortante.
BIBLIOUTUBRO
BIBLIOUTUBRO
David Otero
Velaí un bibliomés deste biblioano.Velaí un tempo biblio para espazos cheos de libros (que é dicir tamén bibliotecas). Por iso nelas, nas bibliotecas, desde as lectoras e os lectores, conxúganse os espazos e os tempos no facer primoroso da lectura. Ler, polo tanto, dinamizarase en xerundio e así tamén nese modo e ser farase cos verbos amar, querer, pensar, vivir e tantos outros propios de ser quen somos en mundo noso de Lingua(s) e de Cultura(s).Outubro celébrase, sinálase, como o mes da biblioteca e así en especial o día vinte e catro con maior acento, acerto e intensidade, sen que por iso facelo xa dea desculpa (licenza) a non facelo ata o día vinte e catro do ano que vén. Os días da biblioteca, xa que logo, serano todos os do ano enteiro en pleno amor libre á lectura e aos soportes (libros en especial) que a facilitan e a estimulan, mediando nese exercicio do pensamento tan propio, persoal, como auténtico, que nos define e determina como lectoras e como lectores.Ler é un facer afirmativo de liberdade, porque apetece, porque nos engaiolaron na animación a facelo, porque temos argumentos e así nos peta e dá a gana.Ler, libro, lectura, levan consigo esencialmente (do contraio é outra cousa) o desexo libre de facelo. Esa frescura onde gozar de literatura vivible, viva e activada, posta en Lingua e Cultura propia (galega pois) e integrada coas outras moitas Linguas e Culturas dos demais Pobos nas que queiramos ler e disfrutar.A lectura farase alí onde nos sintamos ben.Buscaranse os soportes de ler alí onde nos sintamos ben.Pois así tamén será na biblioteca onde nos sintamos ben. Probemos e comprobemos.
BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!!
50 ANIVERSARIO DE MAFALDA
MAFALDA é o mítico personaxe dunha tira de prensa creada por QUINO (premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014). Mafalda e os seus amigos e amigas representan as distintas formas de ver o mundo. As tiras son unha reflexión sobre temas tan diversos como a guerra, o capitalismo, o feminismo, a represión, a dictadura, a relixión...Foi traducida a máis de trinta idiomas. As súas inquedanzas son de indole universal e a pesares dos anos siguen estando de plena actualidade.
NOVO CURSO. NOVAS LECTURAS. NOVOS PROXECTOS
Iniciamos un novo curso con moita enerxía e moitas ansias de iniciar novas lecturas, novos proxectos, co fin de contaxiar o gusto pola lectura a toda a comunidade educativa, de mellorar as competencias do noso alumnado, de compartir experiencias lectoras, de disfrutar lendo, de vivir aventuras e descubrir sorpresas, misterios....que nos esperan escondidos entre as páxinas dos libros e demais documentos da nosa biblioteca. As portas están abertas, comenza a aventura.
BENVIDOS E BENVIDAS Á BIBLIOTECA!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)