Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

DÍA DA RADIO, 13 de febreiro. OBRADOIRO RADIO NA BIBLIO.

 Como cada ano, en Biblioponte, queremos celebrar o día Mundial da Radio. Un medio de comunicación que leva máis dun século informando, entretendo e educando.

Para conmemorar este día, no CEIP da Ponte celebramos o noso OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO coa axuda de Damián Alonso de Ponte Nas Ondas.

Durante toda a maña, Damián,  traballou con nós distintas apps para facer os nosos programas de radio como Audacity, aprendeunos a editar e facer distintos efectos, explicounos como mellorar a dicción e preparou con nós un programa de radio de variedades. Se queredes oír o ben que se nos deu... aquí vos deixamos algúns cachiños do programa e unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos:



23 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA 23/24

 Este venres 23 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Coma todos os anos BIBLIOPONTE quere celebrar con vós este día tan especial, no que homenaxeamos a unha das nosas escritoras máis queridas.

Na  biblioteca do centro podedes atopar unha selección de libros sobre Rosalía:



Tamén podemos atopar recursos na Internet:









PROPOSTA DE TRABALLO: ROSALÍA EN VIÑETAS

- Inspirándonos no lema das BIBLIOTECAS ESCOLARES  deste ano, cada titoría escollará un poema de Rosalía de Castro para recitar e ilustrar nunha tira de viñetas. 

O día 23 DE FEBREIRO :
  • Faremos un recital cos poemas elexidos .
  • Interpretaremos todas xuntas a ALBORADA de Rosalía.
  • As alumnas e alumnos de 4º representarán para nós o poema "MIÑA CASIÑA MEU LAR"
  • E, finalmente desfrutaremos dese CALDIÑO DE GLORIA  que tan ben nos senta!

FELIA DÍA DE ROSALÍA!!!!!













CHEGOU O ENTROIDO!!!



Moitas grazas a todas e todos por participar na festa de Entroido en Viñetas. 
Sodes xeniais!!!



CELEBRANDO O DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

 


Rapazada, aquí vos deixamos algunhas fotos e vídeos da celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz:











Agradecémoslle a Covadonga, a profe de música, a súa axuda para poder cantar todas xuntas esta fermosa canción da paz