Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

SEMANA DA PRENSA. NOVAS A PONTE

 Boas rapaces, moi duro traballastes toda esta semana buscando novas e cotilleos para facer os vosos xornais. Aquí vos deixamos un exemplo do ben que traballastes.

6°A




Alumnado 3°


PDI PONTE NOS XOGOS. A TRABALLAR...

 Nesta segunda fase do proxecto, cada titoría terá que investigar como se xoga ao xogo tadicional asignado.  Preparará os materiais que precise para levar a cabo o xogo na xornada de xogos tardicionais que terá lugar na semana das LETRAS GALEGAS e elaborará un cartel sobreo o xogo coa información recollida:

Nome, orixe, normas do xogo,...



CONTACONTOS: PACO NOGUEIRAS

 Este curso, Paco Nogueiras volveu visitar o noso cole da man de Kalandraka. Algúns dos contos que nos contou e cantou foron: Do, De, Mi,  Chibos Chibóns,, Dez dedos nas mans e dez dedas nós pés, Polo Camiño e e Mister Magnolia.



Que ben o pasamos!!!


Dia da muller



Este 8 de marzo de 2024 celebramos, como cada ano, o Día Internacional da Muller, o lema proposto polas Nación Unidas e  “Invertir nas mulleres, acelerar o proceso”.

Como cada curso, en Biblioponte fixemos unha selección de libros e contos que están á vosa disposición na biblioteca.






 Tamén vos deixamos o enlace á páxina das NACIÓNS UNIDAS  por se desexades profundizar máis na elección do lema proposto para este ano.

https://www.unwomen.org/es/noticias/anuncio/2023/12/dia-internacional-de-la-mujer-2024-invertir-en-las-mujeres-acelerar-el-progreso

Aquí vos deixamos algúns dos traballos realizados:

5° EI


1°, 2°A e B

6°A


Feliz 8 de marzo!

SEMANA DA PRENSA

MARZO, SEMANA DA PRENSA

Dende BIBLIOPONTE queremos achegarvos algúns recursos para traballar a semana da prensa:

- Na entradas do cole poderedes ler e observar prensa de distintos partes do mundo.

- ENLACE para ler xornais de toda Europa:



- Se queredes aprender sobre a orixe da prensa, onde se publicou o primer xornal, etc Aquí tedes este interesante recurso de edu.xunta.gal


Tamén vos deixamos otros recursos que atopamos na rede para traballar sobre a noticia. Que é unha noticia, que partes ten? como se escribe unha noticia?




Finalmente, para aqueles que desexedes convertirvos en xornalistas, aquí vos deixamos un modelo de xornal (galego e castelán). Se vos animades crearemos coas novas que nos enviedes un pequeno xornal.






Ánimo e a escribir!!!



CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA 23/24

  Este venres, 23 de febreiro, celebramos o día de ROSALÍA, 







Durante toda a semana, nas aulas, lemos a Rosalía, cantamos con ela e debuxamos algúns dos seus poemas en viñetas. 

Aquí podedes ver que ben o pasamos.

As alumnas e alumnos de 4º de EI homenaxearon a Rosalía con este fermoso mural.



O alumnado de 6º de EI  fixo a súa propia interpretación de Rosalía. Que ben lles quedou!!!












O alumnado de 3ºB elaborou un pequeno resumo sobre a biografía de Rosalía e despois fixo un fermoso traballo artístico sobre Rosalía e a natureza.


Con esta proposta as alumnas e alumnos puxéronse na pel de Rosalía. Despois de recortar a súa silueta, sairon ao patio  buscando imaxes da natureza, como faría a pequena Rosalía cando  vivía na aldea de Ortoño:  O entorno natural e rural tan presente na súa obra.


Finalmente,  realizaron tamén un traballo chamado ROSALÍA EN BRANCO E NEGRO, inspirado  no claros e escuros que marca tanto a obra como a vida de Rosalía. A luz de ser muller e escritora  pero tamén a tristeza das inxustizas da época que lle tocou vivir.
Con esta idea, ao alumnado de 3ºB e a aula TEA traballaron o poema NEGRA SOMBRA  e fixo a súa versión gráfica.




As alumnas e alumnos de 3ºA tamém traballaron sobrre a vida e obra de Rosalía:















As alumnas e alumnos de 4º ilustraron en viñetas o poema de Risalía "Miña casiña meu lar"


alumnado de 6ºA   celebrou a Rosalía recitando algúns dos seus poemas:


O venres, 23 de Febreiro, xuntámosnos para defrutar todas xuntas da dramatización de " A miña casiña meu lar", interpretar a Alborada e degustar o Caldo de Gloria. 



Moitas grazas a todas e todos por celebrar con nós o día de Rosalía!!!