Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

XORNADAS XOGOS TRADICIONAIS. LETRAS GALEGAS. PDI Ponte nos Xogos

 Ben rapazada, sei que estades esperando este vídeo sobre as Xornadas de Xogos tradicionais que desfrutamos na semana das Letras Galegas. Dende os Equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca queremos darvos as grazas polo moito que vos implicastes e o ben que traballastes para levar a cabo este proxecto. 

Non esquezades que os materiais creados por todas e todos vós, estarán á vosa disposición para xogar nos tempos de lecer.



👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋


PONTE NA RADIO: PODCAST: LUISA VILLALTA E O PRESTIGE. LETRAS GALEGAS 23/24

 

O alumnado de 3ºB fixo unha tarefa de investigación sobre un aspecto máis persoal da escritora. A súa faceta de activista dentro do Movemento Nunca Máis, con motivo do afundimento do Prestige na costa galega.

Aquí vos deixamos o podcast: Luisa Villalta e o Prestige:

PONTE NA RADIO: PODCAST: LUISA VILLALTA E A LENDA DA TORRE DE HÉRCULES. LETRAS GALEGAS 23/24

 

O alumnado de 3ºB fixo unha tarefa de investigación sobre dous aspectos da vida de Luisa Villalta.

Por unha banda, a lenda da Torre de Hércules, emblema da cidade da Coruña, onde ela naceu.

Por outra banda, centrámonos nun aspecto máis persoal da escritora. A súa faceta de activista dentro do Movemento Nunca Máis, con motivo do afundimento do Prestige na costa galega.

Aquí vos deixamos o podcast: Luisa Villalta e a Lenda de Torre de Hércules:

PONTE NA RADIO: PODCAST LUISA VILLALTA. LETRAS GALEGAS 2024

 As nenas e nenos de 6º B conmemoraron a celebración do Día das Letras Galegas dedicado á autora Luísa Villalta coa gravación dun podcast sobre a súa vida e obra.







SEMANA LETRAS GALEGAS. CELEBRANDO A LUÍSA VILLALTA E PONTE NOS XOGOS

 E por fin chegaron as Letras Galegas. 

Como sempre, en Biblioponte fixemos unha pequena selección de libros sobre a autora homenaxeada, que este ano é LUISA VILLALTA:


 Todas as aulas parason pola biblioteca a consultar os libros e a investigar esobre ela en distitos soportes. 

As alumnas e alumnos de 6º elaboraron unha revistiña de actividades para que todos puidesemos demostrar canto aprendemos:













As nenas e neos de 3ºB investigaron sobre a Luisa Villalta e a Torre de Hércules e fixeron este fermoso podcast:

http://bibliopontelugo.blogspot.com/2024/05/podcast-luisa-villalta-e-lenda-da-torre.html

https://bibliopontelugo.blogspot.com/2024/05/podcast-luisa-villalta-e-o-prestige.html?m=1

Tamén celebramos as XORNADAS DE XOGOS TRADICIONAIS: PONTE NOS XOGOS!!!

Déixovos outra entrada no Blog cun vídeo do canto desfrutamos nas xornadas de Xogos.

http://bibliopontelugo.blogspot.com/2024/06/xornadas-xogos-tradicionais-letras.html


Que ben o pasamos!

PONTE NA RADIO: Podcast Ciberacoso. 6ºA

 O alumnado de 6º A compuxo un poema tras as charlas sobre CIBERACOSO  e crearon un fermoso podcast para compartilo cos seus compañeiros.





Día Contra o ACOSO ESCOLAR 2 de maio

 Este curso celebramos o Día contra o Acoso Escolar da man do Departamento de Orientación que se engarcou de organizar actividades para todos os cilos. Biblioponte, a nosa biblioteca, puxo o seu graniño aportando os contos para desenvolver a actividade.

Aquí vos deixamos un resume das actividades:


E.I

3ºEP


                                                                                 4º EP 
 Obséquianos  este poema colaborativo que xurdíu tras braballar o día do acoso escolar:





                                                                                
                                       









ORGANIZANDO: XORNADA XOGOS TRADICIONAIS. SEMANA LETRAS GALEGAS.

 A xogar!!!! co traballo xa feito, agora tócanos xogar e pasalo ben. Aquí vos deixamos a organización dos xogos que realizaremos o Luns e Martes na semana das LETRAS GALEGAS.

Despois de pasar por todos os xogos, e co noso carné acreditando que así foi pasaremos pola tómbola para recoller o noso agasallo. Recordade que os agasallos serán donados por todos nós,  familias e profesorado, así que ide buscando por casa xoguetes e contos que xa non utilicedes para donar á tómbola.






Felices Xogos!!

DIA DO LIBRO 23/24

 Este ano, para celebrar o Dia do Libro fixemos actidades diversas durante toda a semana:




Reflexionamos todas xuntas por qué nos gusta ler en Galego e fixemos este fermoso mural.


Desfrutamos duns soleados e agradables APADRIÑAMENTOS LECTORES:



Tamén pedimos colaboracións aos distintos membros da cominidade educattiva ( familias, profes, alumnado e persoal laboral do centro) para que nos falasen dos seus libros favoritos. Aquí vos deixamos as súas recomendacions:

FAMILIAS E PROFES

 

3º A


6ºA



Moitas grazas a todas e todos por participar!!



Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo 2024

 O 2 de abril conmemoramos o Día Mundial do Autismo participando, todas e todos, na creación deste mural  co que a profe Rut, titora da aula específica do noso centro, quixo sensibilizar e concienciar ao noso alumnado sobre as condicións do espectro autista.




Na aula específica, ALEXIS investigou sobre os pelícanos e fixo este podcast tan interesante.

PONTE NA RADIO: Día do autismo. ALEXIS E OS PELÍCANOS

Entre as actividades do Día do Autismo, ALEXIS, alumno de 6º investigou e gravou xunto a Rut a súa mestra na aula específica este intresante podcast sobre o pelícano, un dos seus animais favorotos.

SEMANA DA PRENSA. NOVAS A PONTE

 Boas rapaces, moi duro traballastes toda esta semana buscando novas e cotilleos para facer os vosos xornais. Aquí vos deixamos un exemplo do ben que traballastes.

6°A




Alumnado 3°


PDI PONTE NOS XOGOS. A TRABALLAR...

 Nesta segunda fase do proxecto, cada titoría terá que investigar como se xoga ao xogo tadicional asignado.  Preparará os materiais que precise para levar a cabo o xogo na xornada de xogos tardicionais que terá lugar na semana das LETRAS GALEGAS e elaborará un cartel sobreo o xogo coa información recollida:

Nome, orixe, normas do xogo,...



CONTACONTOS: PACO NOGUEIRAS

 Este curso, Paco Nogueiras volveu visitar o noso cole da man de Kalandraka. Algúns dos contos que nos contou e cantou foron: Do, De, Mi,  Chibos Chibóns,, Dez dedos nas mans e dez dedas nós pés, Polo Camiño e e Mister Magnolia.



Que ben o pasamos!!!


Dia da muller



Este 8 de marzo de 2024 celebramos, como cada ano, o Día Internacional da Muller, o lema proposto polas Nación Unidas e  “Invertir nas mulleres, acelerar o proceso”.

Como cada curso, en Biblioponte fixemos unha selección de libros e contos que están á vosa disposición na biblioteca.






 Tamén vos deixamos o enlace á páxina das NACIÓNS UNIDAS  por se desexades profundizar máis na elección do lema proposto para este ano.

https://www.unwomen.org/es/noticias/anuncio/2023/12/dia-internacional-de-la-mujer-2024-invertir-en-las-mujeres-acelerar-el-progreso

Aquí vos deixamos algúns dos traballos realizados:

5° EI


1°, 2°A e B

6°A


Feliz 8 de marzo!

SEMANA DA PRENSA

MARZO, SEMANA DA PRENSA

Dende BIBLIOPONTE queremos achegarvos algúns recursos para traballar a semana da prensa:

- Na entradas do cole poderedes ler e observar prensa de distintos partes do mundo.

- ENLACE para ler xornais de toda Europa:



- Se queredes aprender sobre a orixe da prensa, onde se publicou o primer xornal, etc Aquí tedes este interesante recurso de edu.xunta.gal


Tamén vos deixamos otros recursos que atopamos na rede para traballar sobre a noticia. Que é unha noticia, que partes ten? como se escribe unha noticia?




Finalmente, para aqueles que desexedes convertirvos en xornalistas, aquí vos deixamos un modelo de xornal (galego e castelán). Se vos animades crearemos coas novas que nos enviedes un pequeno xornal.






Ánimo e a escribir!!!



CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA 23/24

  Este venres, 23 de febreiro, celebramos o día de ROSALÍA, 







Durante toda a semana, nas aulas, lemos a Rosalía, cantamos con ela e debuxamos algúns dos seus poemas en viñetas. 

Aquí podedes ver que ben o pasamos.

As alumnas e alumnos de 4º de EI homenaxearon a Rosalía con este fermoso mural.



O alumnado de 6º de EI  fixo a súa propia interpretación de Rosalía. Que ben lles quedou!!!












O alumnado de 3ºB elaborou un pequeno resumo sobre a biografía de Rosalía e despois fixo un fermoso traballo artístico sobre Rosalía e a natureza.


Con esta proposta as alumnas e alumnos puxéronse na pel de Rosalía. Despois de recortar a súa silueta, sairon ao patio  buscando imaxes da natureza, como faría a pequena Rosalía cando  vivía na aldea de Ortoño:  O entorno natural e rural tan presente na súa obra.


Finalmente,  realizaron tamén un traballo chamado ROSALÍA EN BRANCO E NEGRO, inspirado  no claros e escuros que marca tanto a obra como a vida de Rosalía. A luz de ser muller e escritora  pero tamén a tristeza das inxustizas da época que lle tocou vivir.
Con esta idea, ao alumnado de 3ºB e a aula TEA traballaron o poema NEGRA SOMBRA  e fixo a súa versión gráfica.




As alumnas e alumnos de 3ºA tamém traballaron sobrre a vida e obra de Rosalía:















As alumnas e alumnos de 4º ilustraron en viñetas o poema de Risalía "Miña casiña meu lar"


alumnado de 6ºA   celebrou a Rosalía recitando algúns dos seus poemas:


O venres, 23 de Febreiro, xuntámosnos para defrutar todas xuntas da dramatización de " A miña casiña meu lar", interpretar a Alborada e degustar o Caldo de Gloria. 



Moitas grazas a todas e todos por celebrar con nós o día de Rosalía!!!