O conto "Non quero ser un polbo" de Francesca Cheessa, publicado pola editorial OQO, foi adaptado a verso, gravado coa técnica de Stop Motion polo alumnado do segundo ciclo de primaria e con música de creación propia, por iniciativa do equipo de Normalización de Dinamización Lingüísta e o equipo de Biblioteca do centro.
Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
CASTHAÑAS ASADAS-O REI DA FLORESTA
Casthañas asadas. Contos e música para nenos e nenas que acaba de sacar Edicións do Castro
PRESENTACIÓN SOBRE VIDA E OBRA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Xosé María Díaz Castro
More PowerPoint presentations from Elvira
Para toda a comunidade educativa, neste día das letras galegas, unha presentación sobre a vida e obra do poeta homenaxeado, Xosé María Díaz Castro, realizada por Elvira Roíz do IES "Concepción Arenal de Ferrol
Para toda a comunidade educativa, neste día das letras galegas, unha presentación sobre a vida e obra do poeta homenaxeado, Xosé María Díaz Castro, realizada por Elvira Roíz do IES "Concepción Arenal de Ferrol
MÚSICA, POESÍA E LIBROS NA BIBLIOTECA POLAS LETRAS GALEGAS
MÚSICA, POESÍA E LIBROS na bilbioteca. Seguindo coa celebración do día das Letras Galegas, cantamos música de Fuxan os ventos, a canción "Penélope" musicada por Xoán Fuertes e co recitado da propia voz do poeta. Recitamos poemas de Xosé María Díaz Castro: "Penélope", "Esmeralda" "Monumento á ausencia". E realizouse unha exposición de libros de autores galegos entre os que se encontraban: o único poemario do autor, NIMBOS e o conto O NENO E A ESTRELA, do colectivo Fabaloba que constitúe un fermoso achegamento á figura do poeta homenaxeado.
LETRAS GALEGAS: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
O homenaxeado do día das Letras Galegas 2014, é Xosé María Díaz Castro (1914-1989), poeta orixinario de Guitiriz, Lugo. Paula Vázquez, Carla López e Sofía Souto, presentan na biblioteca, un acercamento á súa vida e obra.
BIOGRAFÍA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO EN KAMISHIBAI
Mario Carreira e Alberto Bellas, contan ao resto dos compañeiros/as do cole a vida de Xosé María Díaz Castro en versión Kamishibai, con textos do Seminario Galán. Durante toda a semana pasarán todos os cursos pola biblioteca, para acercarse á figura do autor de "NIMBOS" co fin de celebrar a semana das letras galegas
RECITANDO "PENÉLOPE" DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
A VACA QUE PUXO UN OVO
Paula Magide, conta aos máis pequeniños/as do cole o conto A VACA QUE PUXO UN OVO, escrito por Andy Cutbill e publicado pola editorial Patasdepeixe. Conta a historia dunha vaca que quere facer algo diferente para destacar entre as demais e que pola súa simpatía é axudada polas súas amigas as galiñas.
PENÉLOPE - XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO - FUXAN OS VENTOS
Poema de Xosé María Díaz Castro, musicado por Xoan Fuertes Saavedra, interpretado por Fuxan os ventos. O recitado é do propio poeta.
LIBRO DE NURIA
A poesía abre as portas a un mundo de versos, de rimas, de xogos de palabras, de expresións... Nuria Devesa Núñez, preséntanos o seu segundo libro de poemas titulado "YO QUIERO TENER UN LIBRO ASÍ" onde expresa as súas emocións, os seus gustos, os seus sentimentos e tamén os ilustra cos seus bonitos debuxos cheos de colorido, espontaneidade e sinxeleza. Un bonito agasallo polo día do libro e unha boa ocasión para compartir a poesía coa lectura en voz alta, pois o vínculo que crea, perdura na memoria
Suscribirse a:
Entradas (Atom)