O Apalpador
A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algúns cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.
O Apalpador lévalle castañas asadas aos nenos para que non pasen fame.
EN CLAVE DE HUMOR
Giovana Pereira
A súa obra chea de forza de color e de vida, encende a curiosidade dos nenos e nenas que observan unha realidade diferente, tanto en paisaxes naturais, como en costumes e en personaxes. Tanto os seus suxerentes motivos como os propios títulos dannos pé para crear poemas e pequenos textos.
Cuentos silenciosos
Un libro especial na nosa biblioteca.
CUENTOS SILENCIOSOS é un magnífico libro ilustrado en tres dimensións por Benjamín Lacombe e publicado por editorial Edelvives. Oito escenas de papel que recrean os contos clásicos: Alicia en el país de las maravillas, Barbazul, Pinocho, Peter Pan, La bella durmiente,... que nos invitan a contar historias, a xogar, a representar,...Tan sorprendente é o libro como este vídeo animado.
Empezando o curso
Empezamos este novo curso 2010/2011, expoñendo no noso blog dúas produccións creativas, un libro de poemas de NURIA DEVESA NÚÑEZ (cinco anos) e unha exposición fotográfica de CARLOS LEIRA ÁLVEZ (dez anos). O noso agradecemeto ás familias pola colaboración e implicación coas actividades da biblioteca e polo tanto na labor de difusión da lectura coa intención de fomentar e estimular a expresión oral, escrita, gráfica…
AS POESÍAS DE NURIA
“La vida” é o título do libro no que están recollidos os poemas que Nuria foi compoñendo oralmente e que súa nai plasmou por escrito (no prólogo explica o proceso de creación) nun entrañable libro, tamén plagado de ilustracións. Sensibilidade, musicalidade, rima, frescura son as características dos distintos poemas que lemos colectivamente na biblioteca e que xa forman parte dos nosos fondos biblotecarios.
AS FOTOGRAFÍAS DE CARLOS
Ao longo deste verán e asesorado polo seu avó, Carlos leu coa súa máquina fotográfica a paisaxe do seu entorno, a paisaxe galega: o mar, o interior, os animais, as personaxes. Fotografías que transmiten espontaneidade, creatividade, e moita sensibilidade e que para pracer de toda a comunidade educativa, están expostas no noso centro nunha entrañable e amena exposición fotográfica.