RECEITAS DE OUTONO
REVISTA DE PASATEMPOS LETRAS GALEGAS 2022
As alumnas e alumnos de 5ºA e 5ºB de EP elaboraron esta revista de pasatempos para axudarnos a coñecer mellor a Florencio Delgado Gurriarán. Esperamos que a deifrutedes:
PONTE NA RADIO: GALICIA INFINDA 3ºEP
LETRAS GALEGAS 22 EN PONTE NA RADIO
LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DERGADO GURRIARÁN
RECOMENDACIÓNS LECTORAS MAIO 2022
Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o mes das LETRAS GALEGAS.
FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO
DÍA DO LIBRO
Boas rapazada!!
As mestras e mestres do cole queremos felicitarvos polo moito que traballastes e o ben que o fixestes esta semana adicada ao Día do Libro. Foi estupendo ver cantas gañas tedes de colaborar coa nosa Biblioteca.
Déixovos aquí un pequeno reportaxe das actividades que promovemos durante esta semana dende a biblioteca para conmemorar o Día do Libro:
BIBLIOPATIO
Nesta semana, coa colaboración do alumnado de 6ºA, puxemos en funcionamento "BIBLIOPATIO". Durante o tempo de lecer, as nosas voluntarias e voluntarios sacacaron a patios caixas cargadiñas de contos en Galego, Castelán e Inglés.
APADRIÑAMENTO LECTOR
O venres 29 as alumnas e alumnos de 6º, 5º, 4º e 3ºde EP apadriñaron aos máis pequenos do cole cun agasallo precioso: Léronlles o seu conto favorito.
Aquí vos deixo un vídeo da actividade. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.
GROLIÑOS DE LECTURA
Esta proposta chegou á nosa biblioteca da man de varias titoras do centro e gustounos tanto que decidimos compartila con todas.
- Primeiro fixemos un debuxo do noso libro favorito nun papel reciclado (utilizamos as follas das enciclopedias que retiramos no espurgo e así démoslles unha segunda vida)
- A continuación, enrolamos o debuxo a modo de pergamino e decoramos un vasiño, preferíblemente de papel, para meter o noso pergamino, creando así o noso GROLIÑO DE LECTURA.
- Finalmente, as mestras de EI, fixéronnos un mural para pegar tódos os groliños de lectura das nenas e nenos que participaron na actividade.
Parabéns a todas e a todos polo traballo ben feito.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!