RADIO NA BIBLIO: Falamos de ROSALÍA DE CASTRO. Miña Casiña, Meu Lar.
DÍA DE ROSALÍA 23 DE FEBREIRO 2025
Boas, rapazada!! Aquí estamos de novo para falar, nesta ocasión, do ben que o pasamos celebrando o día de Rosalía.
Despois de ler e traballar sobre Rosalía nas aulas e facer murais sobre a súa vida e sobre algúns dos seus poemas, o día 23 saimos todas ao patio para homenaxeala. Algunhas das nosas compañeiras fixeron un programa no LABORATORIO DE RADIO sobre o seu poema "Miña Casiña, Meu Lar" :
https://bibliopontelugo.blogspot.com/2025/02/radio-na-biblio-falamos-de-rosalia-de.html
Esperamos que o pasarades tan ben coma nós!!
13 FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA RADIO 24/25
Cando o 14 de maio de 1879 o italiano Guillermo Marconi realizou a primiera transmisión por radio pouco podía imaxinar que o seu invento sería esencial para salvar vidas, resultando fundamental no rescate dos náufragos do Titanic.
Hoxe en día, a radio, a pesar da chegada das novas tecnoloxías, segue a estar presente en moitas casas e a desenvolver un importante papel como medio de información e formación.
Na escola, A RADIO é unha ferramenta didáctica moi interesante que axuda a fornecer as competencias lingüísticas, favorece o traballo colaborativo, desenvolve o pracer pola lectura e a expresión, permite adaptar os contidos curriculares aos intereses dos rapaces, desenvolve a creatividade, o sentido crítico, o respecto do turno de palabra, que tanto nos costa hoxe en día... ,en fin, aporta unha enorme lista de beneficios que non deberiamos desperdiciar.
Para celebrar o Día Mundial da Radio no Ceip A Ponte, o alumnado de 5ºEP desfrutou dun entretido obradoiro de radio a cargo de Damián Alonso, de Ponte Nas Ondas. Durante toda a mañá reflexionamos sobre a presencia da radio no noso día a día, falamos de como podemos usar a radio na escola, o tipo de programas que podemos facer, fixemos exercicios de dicción e finalmente programamos e gravamos un programa ben divertido que compartimos con todas vós.
ENTROIDO 2025: OS SERES DO MIÑO
Boas rapazada!!!
Xa chega o Entroido ao CEIP A Ponte. Este ano, traballamos coa temática do noso PDI: "O Río Miño, o noso veciño" e por iso, ímonos disfrazar de seres que habitan no río, reais ou míticos.
Per antes temos os MANDADOS DO MECO. Non vos esquezades!!!
Animádevos a participar!!
PONTE NA RADIO: PERSONAXES HISTÓRICOS DA PAZ
O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. As nenas e nenos de 6º de EP investigaron sobre a vida de numerosos personaxes relacionados coa Paz Mundial e compartiron o seu traballo con nós a través deste interesante podcast. Non deixedes de escoitalo!!!