Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 23-24

   Boas rapazada!

Chega o Nadal, unha época de maxia, de agasallos, de seres queridos e de desexos. En Biblioponte, queremos  desexarvos un Nadal cheo de boas lecturas!!
Recomendacións lectoras Nadal 23-24











25 NOVEMBRO

 Ola a todas!

Esta foi unha semaniña chea de emocións e actividade na que todo o cole traballou a reo para a celebración de dúas datas ben importantes: o 25 de Novembro e o Día da Discapacidade (3 de Decembro)

Aquí vos deixamos unhas imaxes e vídeos para que vexades  todo o que traballastes facendo ponpóns para crear un precioso e enorme lazo violeta, usando a vosa creatividade para facer bolboretas de papel e, as nenas e nenos de infantil, tecendo unhas coloridas letras para o noso mural. 

CEIP A PONTE: ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIAS


Moitas grazas a todas  e todos!

Resumo actividades MES DA CIENCIA 2024

 Moitas grazas a todas e todos por participar nas actividades propostas para o mes da ciencia na biblioteca. 

Aqui vos deixamos algúns exemplos  das actividades realizadas:

Alumnado de 2ºEP


Alumnado de EI investigando e experimentando na biblioteca:

























As nenas e nenos de 2ºB tamén visitaron a biblioteca para realizar as actividades propostas:



Por último, aquí tedes un video resumo do experimento dun pequeno científico de 6ºB, Bruno, que nos amosou como crear unha cociña con elementos que temos poa casa:

                                          


Moitas grazas a todas e todos, esperamos que sigades investigando e experimentando.





Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2023/24

 "A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas".

Elena Vázquez  Cendón

Neste mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares. Dende Biblioponte, invitámosvos a visitarnos e realizar con nós as seguintes actividades:
























Samaín. O COLEXIO MALDITO.

 O COLEXIO MALDITO é unha produccion audivisual reslizada polas alumnas e alumnos de 3°A para celebrar o Samaín. 

Non deixedes de velo!!!



Samaín. XA TEMOS GAÑADORA!!!! Concurso RELATOS ARREPIANTES

Xa temos GAÑADORA do noso concurso de RELATOS ARREPIANTES.


Queremos darvos as grazas a todas e todos pola vosa participación e esperamos que desfrutedes dos diplomas e premios.
Aqui vos deixamos algunhas fotos da ceremonia na biblioteca.