A BRUXA REGAÑADENTES con texto de Tina Meroto a partir dun conto tradicional turco-ruso e ilustracións de A.C. Quarello, é o conto que Paula Vázquez Tella e Carla López Buide len na biblioteca ao alumnado do centro con motivo da celebración do Samaín
Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín 2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín 2014. Mostrar todas las entradas
O SAMAÍN NA BIBLIOTECA
A nosa biblioteca encheuse de cabazas, personaxes terroríficos e contos, moitos contos, contos de medo, contos de monstros, contos de bruxas, contos de personaxes máxicos e malvados que personifican para os nenos e as nenas os seus medos e para conseguir gañar confianza e superar os temores, nada mellor que escoitar e ler contos en que os protagonistas trunfen sobre os seres arrepiantes producto da imaxinación
NO SAMAÍN
O Samaín xa está na nosa Biblioteca e para ir entrando en materia aquí vos deixamos este video titulado "NO SAMAÍN" que é unha das doce cancións incluídas no libro-CD-DVD "BRINCA VAI" composto e interpretado por Paco Nogueiras, ilustrado por David Pintor, vídeos de Sr Sagüilo e publicado por Kalandraka.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)