Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
Mostrando entradas con la etiqueta Día da paz 2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da paz 2018. Mostrar todas las entradas

DÍA DA PAZ 2018

O día da paz é unha oportunidade para convertirnos en instrumentos de paz e de entendimento entre diferentes tipos de persoas, para desenvolver capacidades e as competencias necesarias para unha participación activa na construcción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os nenos e nenas teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades nunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.


 da paz 2018

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Día 30 de xaneiro de 2018 Día da paz e a non violencia:
"A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS" é o lema do mural realizado este ano polo día da paz. As mans de cores de papel dos nosos alumnos e alumnas cubren a pomba da paz e o símbolo da paz para recordarnos a necesidade de fomentar o diálogo, a cooperación, a solidariedade, o respecto, a non violencia e a paz. Para iso DI NON A...
DI NON Á VIOLENCIA FÍSICA, directa (empuxar, dar patadas, agresións) e indirecta (esconder ou romper obxectos)
DI NON Á VIOLENCIA VERBAL, directa ( poner motes, insultar, burlarse,ameazar) e indirecta (falar mal ás costas do acosado, contar mentiras del, rirse cando se equivoca)
DI NON Á VIOLENCIA SOCIAL, ignorar ou despreciar á persoa, organizar xogos ou actividades sen contar con ela ou impedir que participe nelas, deixala fóra de forma deliberada.
DI NON AO CIBERACOSO, cando se molesta á victima a través da redes sociais.


DÍA DA PAZ

O vindeiro 30 de xaneiro celebramos  o día escolar pola paz no aniversario da morte de Mathama Gandhi (30 de xaneiro de 1948). Aproveitamos a data para fomentar a cultura da paz e a non violencia con seleccións bibliográficas expostas na nosa biblioteca