Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

Despedida do Día de Rosalía

Despois de varios días compartindo poemas de Rosalía de Castro a través das fermosas lecturas do noso alumnado, chegamos á última entrada desta pequena pero moi especial iniciativa. Nesta ocasión, reunimos as voces de varias nenas que, con ilusión e agarimo, deron vida aos versos dunha das grandes figuras da nosa literatura. Cada lectura foi única e chea de sentimento, demostrando o talento e o compromiso dos máis pequenos coa nosa lingua e cultura. Queremos dar as grazas de corazón a todo o alumnado participante, así como ás familias e profesorado que fixeron posible este proxecto. Grazas por compartir, por aprender e por manter viva a voz de Rosalía. Agardamos que desfrutásedes tanto como nós desta experiencia!
Icía 4º Noelia 4º Lara 4º Estela 4º

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA POESÍA E A ÁRBORE (21 marzo) E O DÍA MUNDIAL DA AUGA (22 marzo)

 O 21 e 22 de marzo son datas sinaladas que unen tres elementos esenciais para a vida e a cultura, xa que o 21 celebramos o Día Mundial da Poesía e o Día  Mundial da Árbore e o 22 o Día Mundial del Agua.

Este curso para celebralos animámosvos a participar nun Certame de Poesía Ilustrada. Os traballos premiados participarán nun programa especial en PONTE NA RADIO, a nosa radio escolar.



Día de Rosalía de Castro 2

Rosalía segue soando na radio 📻 Hai uns días compartimos algunhas lecturas moi especiais: nenos e nenas da biblioteca lendo poemas de Rosalía de Castro na radio. Pois a aventura continúa! Hoxe traemos máis voces novas que se animaron a poñerlle emoción aos versos de Rosalía. Con algún nervio ao principio, pero tamén con moita ilusión, os rapaces demostraron que a poesía tamén pode soar moi ben nas ondas da radio. E isto non remata aquí… continuará! 📚🎙️
En primeiro lugar: Eire En segundo lugar: Mara En terceiro lugar: María e Isabel

Club de lectura 5º A

No Club de Lectura de 5º A seguimos avanzando na nosa lectura de “Momo”. 📚✨ Pouco a pouco imos descubrindo máis cousas sobre esta rapaza tan especial que sabe escoitar coma ninguén. En cada encontro comentamos o que vai pasando na historia, compartimos as nosas opinións e tamén aparecen teorías do máis interesantes sobre o que pode ocorrer nas próximas páxinas. 🤔 Entre comentarios, risas e algunha que outra sorpresa, a historia está enganchándonos cada vez máis. Porque no noso club non só lemos… tamén pensamos, debatemos e imaxinamos xuntos. A lectura continúa, así que moi pronto volveremos ao blog con novas impresións e descubrimentos sobre “Momo”. Estade atentos! 👀📖

Día de Rosalía de Castro

No cole temos lectores e lectoras moi especiais… ¡o alumnado! 📚✨ O 23 de febreiro, para celebrar o Día de Rosalía de Castro, prepararon algo moi bonito: a lectura de varios poemas desta gran autora da nosa literatura. Con moita atención, voz clara e algún que outro nervio, mergulláronse nas palabras de Rosalía para compartilas con todos nós. Porque os seus versos seguen vivos e gústanos moito escoitalos e descubrilos xuntos. Estamos moi orgullosos deles e delas por poñerlle voz á poesía e por celebrar a Rosalía dun xeito tan especial. 💙 Agora convidámosvos a escoitar a súa lectura… Preparados para deixarvos levar polos versos de Rosalía? ▶️📖
En primeiro lugar: Silvia, Fabiola e Daniela Verdes En segundo lugar: Ainara, Olaya, Lía e Daniela García En terceiro lugar: Noelia e David Agora convidámosvos a escoitar esta primeira lectura… pero atención! 👀 En breve iremos subindo máis lectores e lectoras, porque no cole temos moitas ganas de seguir enchendo o blog de poesía. Así que… estade atentos! ▶️📖

Conmemoración na radio do Día de Rosalía de Castro, alumnado de 5º de infantil

No cole tivemos uns artistas moi especiais… ¡o alumnado de quinto de infantil! 🎶🦉 O 23 de febreiro, para celebrar o Día de Rosalía de Castro, prepararon unha actuación moi divertida: cantaron a canción “O moucho” con moito ritmo, ilusión e algunha que outra risa polo medio. Entre notas, voces pequeniñas e moita emoción, demostraron que a música e o galego tamén se celebran cantando e pasándoo moi ben. E, por suposto, fixérono como auténticos artistas! ⭐ Estamos moi orgullosos deles e delas, porque puxeron todo o seu entusiasmo para homenaxear a Rosalía dun xeito moi especial. Agora convidámosvos a escoitar o audio desta actuación tan simpática… Seguro que o moucho vos saca máis dun sorriso! ▶️🦉

Club lectura 5º B

📚 Hoxe no club de lectura Hoxe contamos coa participación de Hugo Ramos, Hugo Potente e Icía de 5ºB, que van comentar o libro "Plan de rescate" de Antía Yáñez. Compartirán as súas opinións sobre a historia, os personaxes e o que máis lles chamou a atención. Agardamos que sexa unha boa sesión de intercambio de ideas arredor da lectura 📖