Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
DÍA DA PAZ
Reivindicamos a PAZ como dereito humano. Para ter sempre presente a importancia da educación pola PAZ, celebramos este día, día 30 de xaneiro de 2013, cunha serie de actos: Elaboración dun mural de paz para a biblioteca e outro para a entrada do centro. Contando contos para a paz. Lectura do decálogo da paz. Lectura dun manifesto por unha cultura de paz e non violencia. Lectura de poemas para a paz e a interpretación con voces e frautas do "Himno á alegría" e de "Imagine" polo alumnado do terceiro ciclo.
UNHA ESCRITORA DE LIX NA ACADEMIA
A(Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
a.blogspot.com.es/#!/2013/01/unha-escritora-de-lix-na-academia.html
BO NADAL
Extracto da película de debuxos animados "The Snowman" baseada no conto de Raymond Briggs, onde se canta a canción "Walking in the air" e onde o neno e o boneco de neve voan pola cidade ao encontro de Papá Noel.
Felices Festas!
RECREANDO A FIGURA DO APALPADOR
O alumnado de 6º de primaria fixo na biblioteca, unha recreación da figura do Apalpador para dala a coñecer aos máis pequeniños e pequeniñas, lendo os traballos feitos por eles, onde contan as súas orixes, a súa historia e cantando as cantigas propias de tan mítico personaxe
O APALPADOR NA BIBLIOTECA
O Apalpador, personaxe mítico galego, orixinario das montañas do Courel e dos Ancares, visitou a nosa biblioteca, coa intención de divulgar a súa figura.
O Apalpador contou un conto axudado polo seu fillo e o seu boneco.
O APALPADOR NO COLEXIO
O venres, dia 20 de decembro de 2012, chegou o APALPADOR , dende as montañas do Courel e dos Ancares, ao noso colexio, coa intención de apalparlles as barrigas aos nenos e ás nenas e deixarlles unha boa presa de castañas.
Os maiores cantáronlles as cantigas do Apalpador, que estaba moi ben acompañado polo seu fillo e o seu boneco.
CANTIGAS DO APALPADOR
Vaite logo meu neniño
marcha agora para a camiña
que vai vir o apalpador
a palparche a barriguiña
O APALPADOR
O Apalpador é un vello xigante carboeiro que vive nas altas montañas do Courel e dos Ancares na provincia de Lugo e que cada noite de Nadal baixa ás aldeas para apalparlles as barrigas aos nenos e ás nenas, para ver se están ben alimentados e deixarlles unha boa presa de castañas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
