Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
DÍA DA MULLER
O día 8 de marzo, día INTERNACIONAL DA MULLER, é unha data clave para avanzar na educación para a igualdade. O alumnado do terceiro ciclo, realizou un traballo de investigación sobre "A muller a través da historia". Escolleron a vida e obra de tres importantes mulleres para presentar neste día: Marie Curie (científica) Clara Schuman (música) e Rosalía de Castro (escritora)
AIRIÑOS AIRIÑOS AIRES...
Recitando máis poemas de "Cantares Gallegos", obra de Rosalía de Castro, publicada en 1863 e que marcou o inicio do Rexurdimento literario galego
ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
Na biblioteca celebramos o día de Rosalía de Castro e os 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos", recitando poemas da súa obra
RECITANDO A ROSALÍA DE CASTRO
ENTROIDO DE CONTO
O mundo dos contos foi o tema do Entroido. Os personaxes do marabilloso mundo dos contos invadiron o centro: Carrapuchiña vermella, Hansel e Gretel, A bruxa regañadentes, Brancaneves, Cincenta...A biblioteca encheuse de ratos e ratas e tivo que vir o FRAUTISTA DE HAMELÍN para reunilas a todas embriagándoas coa súa marabillosa música. Un alumno e unha alumna de 6º contaron o conto e representaron a histoia para diversión de todos os asistentes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)