Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

O INVERNO

       O inverno chamou á porta,
       trouxo con el chuvia e frío,
       as nubes choran, choran,
       a auga subiu no río.
       
       O noso castiñeiro
       espidiño e sen cor,
       chora, chora, triste,
       porque non ten calor.

       Neste día de inverno,
       chove, chove, sen parar,
       o noso castiñeiriño,
       vaisenos constipar.

       O inverno chamou á porta,
       trouxo con el chuvia e frío,
       as nubes choran, choran,
       a auga subiu no río.

                   3º

A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

"A alimentación saudable" foi o tema do Entroido 2015, polo que os cociñeiros, cociñeiras e chesfs de cociña, estaban moi preparados para cociñar exquisitos pratos todos eles co selo de saudables, así cada curso escolleu un menú equilibrado para mostrarlle ao resto e facer chegar á comunidade educativa una sinxela mensaxe: unha comida saudable  e practicar deporte é fundamental para gozar de boa saúde e previr enfermidades.

POEMAS DE AMOR



O alumnado de 6º selecciona poemas de amor  para recitar ao resto do alumnado na biblioteca. Ainara Expósito Penín, recita un poema de Aquilino Iglesia Alvariño, poeta galego do século XX, titulado "O meu corazón" do seu libro "Polo correo do vento"  cheo de sensibilidade e musicalidade e Sandra Puebla González recita un poema de Gustavo Adolfo Bécquer, poeta romántico do século XIX, da  súa obra "Rimas y Leyendas" chea de sonoridade e  unha fonda fermosura poética, 

A