Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
Mostrando entradas con la etiqueta fotografías. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fotografías. Mostrar todas las entradas

Vida en Senegal

No noso colexio estamos a disfrutar dunha exposición de fotografías do Senegal. O autor delas é "Borxa" (Julio D. Leira Sanmartín), avó de Covadonga e Carlos, os dous alumnos de primaria, e realizounas na súa recente estadía no país africano.

Poesía e dereitos humanos

A escritora ourensana, de poesía e prosa poética, CELSA BARJA RODRÍGUEZ, deu no noso centro un recital de poesía. Os seus versos sinxelos e delicados xunto coa súa perfecta dicción e a súa suave e melodiosa voz serviron para sumerxir ao auditorio de rapaces e rapazas do terceiro ciclo nun mundo de sensacións desbordantes, desembocando nun coloquio cheo de curiosidades e preguntas. O tema principal foi a denuncia social, as liberdades e a defensa da infancia maltratada.

Giovana Pereira

Outra exposición fotográfica, inunda os corredores do noso centro, nesta ocasión dunha profesional, GIOVANA PEREIRA, fotógrafa nacida en Uruguay, pero que reside en Lugo.
A súa obra chea de forza de color e de vida, encende a curiosidade dos nenos e nenas que observan unha realidade diferente, tanto en paisaxes naturais, como en costumes e en personaxes. Tanto os seus suxerentes motivos como os propios títulos dannos pé para crear poemas e pequenos textos.


Empezando o curso

Empezamos este novo curso 2010/2011, expoñendo no noso blog dúas produccións creativas, un libro de poemas de NURIA DEVESA NÚÑEZ (cinco anos) e unha exposición fotográfica de CARLOS LEIRA ÁLVEZ (dez anos). O noso agradecemeto ás familias pola colaboración e implicación coas actividades da biblioteca e polo tanto na labor de difusión da lectura coa intención de fomentar e estimular a expresión oral, escrita, gráfica

AS POESÍAS DE NURIA

La vida” é o título do libro no que están recollidos os poemas que Nuria foi compoñendo oralmente e que súa nai plasmou por escrito (no prólogo explica o proceso de creación) nun entrañable libro, tamén plagado de ilustracións. Sensibilidade, musicalidade, rima, frescura son as características dos distintos poemas que lemos colectivamente na biblioteca e que xa forman parte dos nosos fondos biblotecarios.



AS FOTOGRAFÍAS DE CARLOS

Ao longo deste verán e asesorado polo seu avó, Carlos leu coa súa máquina fotográfica a paisaxe do seu entorno, a paisaxe galega: o mar, o interior, os animais, as personaxes. Fotografías que transmiten espontaneidade, creatividade, e moita sensibilidade e que para pracer de toda a comunidade educativa, están expostas no noso centro nunha entrañable e amena exposición fotográfica.