Xa está no centro o calendario do colectivo Estiño, dedicado este ano a MANUEL MARÍA, que será homenaxeado no día das letras galegas en 2016. Naceu en Outeiro de Rei, Lugo. Escritor comprometido con Galiza e co tempo que lle tocou vivir. Cultivou todos os xéneros: narrativa, teatro, ensaio, xornalismo, e sobre todo, POESÍA. Manuel María identifica o idioma galego como sinal de identidade dos galegos, loitando por normalizar a situación do noso idioma. Escribiu dous libros para nenos e nenas: "Os soños na gaiola" e "As rúas do vento ceibe". Para a elaboración do calendario traballamos con poemas dos dous libros
CALENDARIO MANUEL MARÍA
Etiquetas: Calendario "Estiño" 2016
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario