Na semana do 23 de febreiro o noso centro levou a cabo numerosas actividades para celebrar o Día de Rosalía. Aquí vos deixo unha imaxe do mural que fixemos en homenaxe a Rosálía no que o alumnado de infantil experimentou con numerosas técnicas plásticas. Tamén puxeron o seu graniño de area as alumnas e alumnos de EP que participaron na elaboración do marco co debuxos de Rosalía en versión Minecraft e coa ilustración e tradución a pictogramas de varios fragmentos das obras de Rosalía.
O alumnado de segundo fixo unha homenaxe a Rosalía a través do seu poema Tal como as nubes. En primeiro lugar, fixeron un obradoiro para preparar a cartulina negra. Para elo pintaron trozos de cartón con tempera negra. Despois de traballar a comprensión do poema pintaron con cera blanca os seus versos.
0 comentarios:
Publicar un comentario