Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas

Club de lectura 5º A

No Club de Lectura de 5º A seguimos avanzando na nosa lectura de “Momo”. 📚✨ Pouco a pouco imos descubrindo máis cousas sobre esta rapaza tan especial que sabe escoitar coma ninguén. En cada encontro comentamos o que vai pasando na historia, compartimos as nosas opinións e tamén aparecen teorías do máis interesantes sobre o que pode ocorrer nas próximas páxinas. 🤔 Entre comentarios, risas e algunha que outra sorpresa, a historia está enganchándonos cada vez máis. Porque no noso club non só lemos… tamén pensamos, debatemos e imaxinamos xuntos. A lectura continúa, así que moi pronto volveremos ao blog con novas impresións e descubrimentos sobre “Momo”. Estade atentos! 👀📖

Club de lectura 5º B

Un novo día de debate literario no cole 📚💬 Outro día máis, o alumnado de 5º B volveu xuntarse para falar do libro Plan de rescate de Antía Yáñez. Nesta ocasión comentamos escenas que nos pareceron máis sorprendentes e debatemos sobre as decisións que toman os personaxes ao longo da historia. Non faltaron as opinións diferentes, algunha que outra teoría curiosa e moitas ganas de participar. Cada intervención achegou unha nova maneira de entender o libro. Foi unha sesión moi amena na que, ademais de ler, aprendemos que escoitar as ideas dos demais tamén forma parte da aventura da lectura. 📖✨

Club de lectura 5º A

No Club de Lectura de 5º A as páxinas do libro non se quedan só no papel… ¡dan moito que falar! 📚💬 Nun dos nosos encontros tocou poñer as ideas enriba da mesa e comentar diferentes momentos da lectura. Algunhas opinións coincidían, outras eran totalmente distintas… e iso fixo que a conversa fose aínda máis interesante. Falamos das personaxes, das decisións que toman e tamén do que fariamos nós se estivésemos na súa situación. Quedou claro que cada lector e lectora ve a historia dun xeito diferente, e iso fai que o club de lectura sexa un lugar cheo de boas reflexións. 🤔 A historia continúa e seguro que nas próximas reunións aparecerán novas preguntas, novas ideas e moitas máis conversas lectoras. Seguide atentos ao blog! 👀

Club de lectura 5º B e 6º

Debate literario sobre Plan de rescate 📚🚀 O alumnado de 5º B e 6º participou nun divertido debate sobre o libro Plan de rescate de Antía Yáñez. Durante a actividade comentamos as partes que máis nos gustaron, falamos dos personaxes e imaxinamos que fariamos nós se tiveramos que organizar un rescate. Houbo opinións moi diferentes, ideas sorprendentes e tamén moitas risas. Descubrimos que cada persoa entende a historia dun xeito distinto e que compartir o que pensamos fai a lectura aínda máis interesante. Sen dúbida, foi unha actividade moi entretida que nos animou a seguir lendo e falando de libros! 📖✨

Inicio do club de lectura 2025-2026



Durante este trimestre, no colexio gozamos moitísimo do Club de Lectura dirixido ao alumnado de 5.º e 6.º de Primaria! 📚✨


Ao longo destas semanas levamos a cabo unha chea de actividades divertidas e creativas: debates cheos de ideas interesantes, xogos de procura de pistas que nos fixeron pensar e traballar en equipo, manualidades… e moito máis!


Pero, sen dúbida, a actividade estrela do trimestre foi converternos en auténticos locutores e locutoras de radio 🎙️. Preparamos guións, recomendado lecturas e posto voz ás nosas historias favoritas, vivindo a experiencia da radio desde dentro.


Foi un trimestre cheo de aprendizaxe, risas e amor polos libros. Deixámosvos este pequeno resumo de todo o que fixemos e esperamos que o gocedes tanto como nós! 📖😊





















VISITA DE ANTÍA YAÑEZ AO CLUB DE LECTURA. ENTREVISTA NO LABORATORIO DE RADIO.

 VISITA DE ANTÍA YÁÑEZ



O día 16 de xuño, tiñamos pensado ir ao CEIP Sagrado Corazón para coñecer o seu club de lectura, Palabras Infindas, e compartir coa autora de O MISTERIO DE PORTOMARÍN a nosa experiencia co libro. 
Finalmente, foron as rapazas e rapaces dese club amigo quen nos visitaron a nós. 
Foi xenial coñecer a Antía e ás compañeiras e compañeiros do Sagrado Corazón!




Tedes curiosidade por saber que nos contou Antía, non si?
Podedes escoitar a entrevista que lle fixemos no arquivo seguinte.
Así, coñeceredes un pouco mellor a esta grande escritora.

LOIS PÉREZ VISITA O NOSO CLUB DE LECTURA "HISTORIAS DA PONTE VELLA". ENTREVISTA EN PONTE NA RADIO

 Hoxe, 2 de xunio, Lois Pérez, autor de "A gruta da torre" visitou o noso centro para compartir un  ratiño cos membros do club de lectura.

Todas estivemos encantadas de poder falar con Lois sobre o seu libro.  As alumnas e alumnos de 5º e 6º de EP, participantes no Club de Lectura, aproveitamos esta ocasión para facerlle unha extensa entrevista que compartimos con todas vós.