Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA AUGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA AUGA. Mostrar todas las entradas

CERTAME DE POESÍA ILUSTRADA - RADIO NA BIBLIO

Nesta primeira entrada presentamos as poesías do alumnado de 5º B, que participou con gran ilusión e creatividade a través da nosa radio escolar. Os nenos e nenas sorprenderon con composicións cheas de sensibilidade e compromiso co medio ambiente, amosando a súa capacidade para transmitir mensaxes importantes sobre o coidado da natureza.
A auga, como fonte de vida, inspirou versos que nos lembran a súa importancia e a necesidade de facer un uso responsable dela. As árbores, símbolo de vida e futuro, tamén tiveron un lugar destacado, con poemas que nos convidan a protexer e respectar o noso entorno natural.
Este certame non só permitiu traballar a expresión oral e escrita, senón tamén fomentar valores fundamentais como o respecto polo medio ambiente e a responsabilidade compartida no seu coidado.
Convidámosvos a escoitar as poesías a través da nosa radio escolar e a gozar do excelente traballo realizado polo noso alumnado.
Parabéns a 5º B pola súa participación e entusiasmo!
Fabiola e Samuel Hugo Ramos, Hugo Potente e Brais Icía, Ainara e Daniela Verdes

DÍAS DA AUGA, AS ÁRBORES E A POESÍA 21 e 22 de marzo 2025

 Xa estamos na primaveira...os prados énchense de frores e os niños de xeitosos ovos que logo han de romper e encher o ar de arrechouchíos.

Chegou tamén o día da árbore, da auga e da poesía e este ano decidimos celebralos xuntos buscando unha cantiga na que se falase dos ríos, dos traballos que as mulleres facían no rio, das distintas formas da auga, e das árbores.

Puidemos buscar as cantigas en distintas fontes de información:

- Preguntando ás avoas.

- Consultando o Cancioneiro popular Galego na biblioteca ou en formato dixital:

https://cancioneiro.fundacionbarrie.org/

- Consultando o Arquivo Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego:

http://apoi.museodopobo.gal/

Unha vez elexida a cantiga, cada titoría traballou a cantiga, reflexionando sobre a súa rima, a temática, as cantigas e a tradición oral. Aprendemos as cantigas, cantámolas e para darlles vida, escribímolas nun lazo azul que simbolizaba a auga e colgámolas das árbores do patio.

As rapazas e rapaces de 4°A foron de paseo ao Río Miño, o noso veciño,  e aproveitaron para cantarlle "Adios Rios, Adios Fontes"

                                        







Bo traballo, rapaces!!