Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
Mostrando entradas con la etiqueta Anxo Fariña 2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anxo Fariña 2015. Mostrar todas las entradas

ANXO FARIÑA NA BIBLIOTECA

Onte, martes, día 5 de maio, estivo na nosa biblioteca ANXO FARIÑA, autor e ilustrador entre outras obras da colección "Os megatoxos" moi valorada por todos os nosos lectores e lectoras do club de lectura. Explicou con moito detalle como fai para crear as súas obras, nas que mestura o humor e a aventura, as súas ilustracións, proceso lento e laborioso pero que merece a pena pois a través das súas historias e os seus debuxos crea dun xeito divertido un vínculo entre os lectores e lectoras e os libros. Destaca na súa obra a utilización da cor e un estilo de debuxo axil e sinxelo, do que fixo demostración en directo para encanto de todos e todas as presentes. Para rematar  e ante o  fervor dos seus lectores e lectoras firmou autógrafos a todos os asistentes.