Acercase o final de curso e é momento de reflexionar sobre o aprendido e de recoñecer a todas as persoas que fixestes da biblioteca un espazo cheo de vida, de experiencias e aprendizaxes inolvidables.
CONTACONTOS: PACO NOGUEIRAS
Un ano máis as nenas e nenos de Educación Infantil recibiron a visita de Paco Nogueiras que chegou coa súa maleta chea de contos e cancións:
Unha eiruga moi larpeira, Non é unha caixa, é unha cidade, O coelliño branco, A banda que ninguén coñece e Grande e pequena.
Moitas grazas, paco Nogueiras!!! Pasámolo xenial!
FIN DO CAMIÑO (PDI)
Como produto final do noso proxecto sobre o Camiño de Santiago, elaboramos uns paneis informativos a modo de "Guia do Peregrino", escollendo dez obxectos que representen o Camiño.
Para levar a cabo esta actividade partimos do libro A historia de Galicia en dez obxectos de David Gesteira.
Despois de decidir os elementos que mellor representan o Camiño, distribuimolos por cursos e cada quen fixo a súa labor de investigación para elaborar a sección da guía correspondente.
A FRECHA AMARELA
Na celebración das Letras Galegas, na que estiveron convidadas as familias, fixeron unha exposición oral do traballo realizado.
O CLUB DE LECTURA DE 5º A PREPARA UNHA GRAN SORPRESA PARA FIN DE CURSO
CONTOS PARA TOD@S NA RADIO
As alumnas Uxía e Icía, de 5º de Primaria, serán as encargadas de contarnos un conto moi bonito que prepararon con moito cariño. A través da súa voz e da súa interpretación, achegarannos a unha historia chea de emocións, aprendizaxes e fantasía.
Será unha oportunidade perfecta para gozar da hora de lectura dun xeito diferente, deixando voar a imaxinación e escoitando con atención todo o que este conto ten que ofrecernos. Un momento para compartir, aprender e disfrutar xuntos da maxia dos libros.
Agardamos con moita ilusión esta actividade tan especial na que as palabras cobrarán vida unha vez máis na nosa biblioteca. 📚✨
PREPARANDO UNHA OBRA DE TEATRO NO CLUB DE LECTURA A PARTIR DO POEMA BRAVAS
Está sendo unha experiencia moi enriquecedora, na que cada voz, cada emoción e cada pequeno detalle contribúen a crear algo verdadeiramente especial. Pouco a pouco, a nosa obra vai collendo forma grazas ao esforzo, á creatividade e á ilusión dos nosos pequenos grandes artistas.
Estamos desexando compartir con todos vós este fermoso proxecto nacido da poesía, da lectura e da colaboración. 🎭📚✨
LETRAS GALEGAS 25/26. BEGOÑA CAAMAÑO
Chegou a festa da nosa LINGUA!!!
Este ano homenaxeamos a Begoña Caamaño: periodista, escritora, feminista e avtivista política e e disfrutamos cantando, xogando, investigando e falando a nosa lingua.
Foi unha xornada moi festiva e de nervios xa que interpretamos O Imno Galego para as nosas familias. Norberto, o profe de música, traballou con todas nós durante semanas para facer esta montaxe e quedounos xenial!!!
As compañeiras de 6º, tras facer un traballo de investigación nas últimas semanas, en torno á figura de begoña Caamaño, gravaron na radio escolar "PONTE NA RADIO" un programa para compartir con nós todo o que aprenderon. Aquí tedes o enlace:
Todas e todos xuntos, con luvas brancas e azuis, formamos a bandeira galega no patio e sacamos unha foto dende o alto. Ademais espuxemos a nosa GUÍA DO PEREGRINO( produto final do PDI) ante as nosas familias e finalmente, xogamos a xogos tradicionais.
Deixámosvos este video que recolle algún do momentos desta festiva xornada.
O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA COÑECE A BEGOÑA CAAMAÑO E O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Begoña Caamaño foi unha escritora e xornalista comprometida, que destacou pola súa forma de contar historias con sensibilidade, forza e unha mirada moi persoal sobre o mundo. A través dos seus textos, deu voz a personaxes femininos fortes e loitou por transmitir valores como a igualdade, a liberdade e a xustiza. O seu legado segue vivo e continúa inspirando a moitas persoas lectoras.
Nesta actividade, o alumnado de 6º de Primaria será o encargado de contarnos a súa historia, achegándonos tamén ao significado do Día das Letras Galegas, unha celebración moi especial na que se pon en valor a nosa lingua e a nosa literatura, homenaxeando cada ano a grandes figuras da cultura galega.
Será un momento para aprender, escoitar e reflexionar sobre a importancia de manter viva a nosa lingua e de coñecer mellor ás persoas que contribuíron a enriquecela. Unha experiencia chea de aprendizaxe e orgullo pola nosa identidade.
Agardamos con moita ilusión esta actividade tan enriquecedora na que a voz do alumnado será a verdadeira protagonista. 📚✨
CERTAME DE POESÍA ILUSTRADA - RADIO NA BIBLIO
As voces máis pequenas do noso cole seguen enchendo a radio escolar de ilusión, poesía e amor pola natureza dentro do certame do Día da Auga e do Día da Árbore. Nesta nova participación, o alumnado de 1º sorpréndenos cunha poesía chea de frescura e imaxinación, na que nos falan do seu cole, dos espazos que comparten cada día e da paisaxe natural que os acompaña mentres aprenden, xogan e medran xuntos. As súas palabras transmiten agarimo polos pequenos detalles: as árbores do patio, o son da choiva, os camiños arredor da escola ou a beleza da natureza que forma parte do seu día a día. A través destas creacións, os nenos e nenas descobren tamén a importancia de expresar sentimentos e de aprender a coidar o entorno que tanto lles dá. Cada poesía convértese nunha pequena ventá á súa mirada sincera e creativa do mundo. Convidámosvos a escoitar esta fermosa participación na nosa radio escolar e a seguir desfrutando do gran traballo do alumnado.
Sara, Alma, Jorge e Yanira








































