Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín 2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín 2016. Mostrar todas las entradas
RELATOS CURTOS POLO SAMAÍN
No taller de escritura creativa, o alumnado deu campo libre á súa imaxinación e á creación escribindo relatos de terror, de medo, de seres extraordinarios...fantaseando e tirando do fío conductor que arrastra aos personaxes creados a vivir aventuras fantásticas. Os nosos alumnos e alumnas convertíronse en escritores e escritoras por un día.
CONTACONTOS POLO SAMAÍN
O alumnado de 6º de primaria encheu a biblioteca de contos, contos de bruxas, contosde fantasmas, contos de ogros, contos de seres vidos do Alén para asustar e para divertir pero tamén para fomentar o gusto pola lectura e sementar a inquietude de descubrir historias fantasticas, extraordinarias e marabillosas. Disfrutaron os nenos e nenas pero tamén os adultos.
CORRE CORRE, CABACIÑA
Alex Zas Gómez conta aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1ª e 2º de primaria, o conto CORRE CORRE, CABACIÑA adaptado e traducido por Eva Mejuto , ilustracións de André Letria e publicado pola editorial OQO.
Este conto popular portugués conta a historia dunha velliña, que de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer....
Quen estará dentro da cabaza facendo burla das tres feras?
O NOSO SAMAÍN
O NOSO SAMAÍN é un novo libro escrito por Loretta Birot Bermejo con ilustracións de Nuria Valdeón Balsas e publicado pola editorial Galaxia co obxectivo de explicarlles aos nenos e nenas de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen, probablemente da época prerromana.
A autora considera que é moi importante que os nenos e nenas sepan que a tradición dos calacús e do contacto entre vivos e mortos é tamén galega e que se coñece co nome de Samaín.
A celebración ten máis de 3000 anos e está tamén na orixe de Halloween, pois chegou a Norteamérica a través de un pobo emigrante e celta como é o irlandés.
Trátase, polo tanto, de que os nenos e as nenas comprendan a diferencia entre o recuperado Samaín e o ascendente Halloween norteamericano
Suscribirse a:
Entradas (Atom)