Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
Mostrando entradas con la etiqueta aires. 2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aires. 2017. Mostrar todas las entradas

AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 24 de febreiro, hai 180 anos do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, a nosa poeta máis universal.
Dicir Rosalía significa dicir poesía, denuncia, reivindicación, amor, dor, esperanza.
Rosalía era unha muller en continua loita co que a rodeaba, co sentimento tráxico de ser galego, e tamén de ser muller.
Entre as súas obras máis destacadas están: "Cantares Gallegos", "En las orillas del Sar" e "Follas novas"