Por este 31 de outubro( Día da letras galegas, cambiado pola RAG para o 31 de outubro e que finalmente tampouco puido ser por mor da pandemia que estamos a vivir) recordamos, desde >PONTE NA RADIO, o recital poético en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, xénero literario ao que dedicou parte da súa obra. Icía, Manuel e Xenxo recitan poemas de Rosalía de Castro e de Manuel María. Aquí vos deixamos os nosos podcasts, realizados desde o confinamento polo 17 de maio de 2020, que están subidos á plataforma Ivoox, desde onde tamén podedes escoitalos.
POESÍA DESDE PONTE NA RADIO POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Poesía desde Ponte na radio
RICARDO CARVALHO CALERO
Recordamos polo 31 de outubro a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, realizada desde o confinamento polo 17 de maio de 2020
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Carvalho Calero 2020
31 DE OUTUBRO DÍA DAS LETRAS GALEGA
31 DE OUTUBRO DE 2020
Por causa da crisis sanitaria que estamos a vivir e que impediu realizar as actividades programadas para conmemorar o 17 de maio, a Real Academia Galega decidiu retomar neste mes de outubro a celebración do día das Letras Galegas dedicadas a Ricardo Carvalho Calero. Finalmente tampouco puido ser por mor das restricións impostas para estas datas, pero decidimos igualmente dar visibilidade as actividades realizadas. Desde Biblioponte, recordamos neste día o RECITAL POÉTICO como homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, feito desde o confinamento o 17 de maio.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: 31 de outubro 2020, Día das letras galegas
A CASA ENCANTADA
Polo Samaín, Iker de 4º, le o libro de Kazuno Kohana, A CASA ENCANTADA. Unha divertida historia de fantasmas. Unha enorme e vella casa das aforas da cidade esconde unha terrorífica sorpresa. Pero...quen teme aos fantasmas? A protagonista do conto non.
Traducción ao galego feita polo alumnado de 6º
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: A casa encantada
SAMAÍN 2020
Recomendacións lectoras polo Samaín. Libros de bruxas, de monstros, de esqueletos, de zombis, de arañas, de cabazas... Non deixes de ler os títulos que recomendamos desde a biblioteca, dan tanto medo que pasarás unha terrorífica noite de Samaín
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Samaín 2020
PROTOCOLO COVID-19 BIBLIOTECA ESCOLAR
- Neste curso 2020/2021, un curso marcado pola dificil situación de pandemia que estamos a vivir, somos conscientes do reto que supón a realización das actividades na biblioteca, nun momento no que o prioritario é levar a cabo as medidas de seguridade, a pesar de todo, intentaremos que a nosa biblioteca siga sendo o espazo de referencia para o disfrute da lectura, a formación, a investigación, a información e as aprendizaxes.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Protocolo Covid-19
XEOGRAFIAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bilbiotecas escolares de Galicia para o curso 2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a Biblioteca Escolar para a construción da persoa lectora.
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera formato, en calquera soporte, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas, imaxes fixas e en movemneto; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais ou compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Xeografías lectoras 2020/2021