Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

WE LEARN ENGLISH TOO

 Moi ben o pasamos nas aulas de Inglés!!  Aquí vos deixamos un vídeo das nenas e nenos de EI  xogando e aprendendo en Inglés .


LET'S MAKE A CIRCLE!






EXCURSIÓN DE 6º Á SENDA MITOLÓXICA

O 4 de abril, as alumnas e alumnos de 6º foron de excursión cos seus tirores, Fran e Rocío, con Pablo, o mestre de EF, e cos alumnos de prácticas que están a traballar con eles este trimestre David e Laura. Foi unha excursión moi marchosa xa que estiveron de ruta na SENDA MITOLÓXICA, en Santiago de Compostela.

CONTACONTOS, PACO NOGUEIRAS

Este 4 de abril, as nenas e nenos de infantil tiveron unha sorpresa enorme. Veu visitalos Paco Nogueiras cargadiño de contos... Non vexades o ben que o pasaron!!

DÍA MUNDIAL DA AUGA 22 DE MARZO

Durante toda a semana, as rapazas e rapaces de 1º,  2º e 3º de EP traballaron e prepararon a celebración do Día Mundial da Auga coa lectura e posterior traballo do conto A GOTIÑA VIAXEIRA de Toño Núñez.

Tanto lles gustou o conto que quixeron coñecer a TOÑO NÚÑEZ e para recibilo fixeron este fermoso traballo:
O Día 22 Toño veu celebrar con eles o día da auga. Aquí vos deixo algunha imaxes do ben que o pasaron.

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe queremos deixarvos como mostra do traballo realizado o 8 de marzo no noso centro, o vídeo elaborado polas nenas e nenos de 1ºB co que quixeron homenaxear as súas AVOAS:

DÍA DE ROSALÍA 23 FEBREIRO

Na semana do 23 de febreiro o noso centro levou a cabo numerosas actividades para celebrar o Día de Rosalía. Aquí vos deixo unha imaxe do mural que fixemos en homenaxe a Rosálía no que o alumnado de infantil experimentou con numerosas técnicas plásticas. Tamén puxeron o seu graniño de area as alumnas e alumnos de EP que participaron na elaboración do marco co debuxos de Rosalía en versión Minecraft e coa ilustración e tradución a pictogramas de varios fragmentos das obras de Rosalía.

ENTREVISTA A JOSÉ CAMPANARI NA NOSA RADIO ESCOLAR.

José Campanari volveu ao CEIP A Ponte para charlar cas rapazas e rapaces de 6º nunha relaxada entrevista na que as nenas e nenos puideron preguntarlle sobre a súa vida, o seu traballo, as súas aficcións e os seus plans. Esperamos que Campañari desfrutase tanto coma nós desta visita.