Na guía de lectura 2020, van as nosas recomendacións lectoras para este verán, verán moi especial, como tamén o foi o último trimestre do curso polas circunstancias tan excepcionais que vivimos.
Feliz verán e boas lecturas!!!!
GUÍA DE LECTURA 2020
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Guía de lectura 2020
A NOSA RADIO: PONTE NA RADIO
Con motivo da celebración das Letras Galegas, desde PONTE NA RADIO fixemos un programa de poesía en homenaxe a Carvalho Calero, xénero literario ao que dedicou parte da súa obra. Icía e Manuel de 3º recitan a Rosalia de Castro e Xenxo de 4º a Manuel María. Aquí deixamos os nosos podcasts que están subidos á plataforma Ivoox desde onde tamén podedes escoitalos
.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Ponte na radio 2020
RADIO NA BIBLIO: PONTE NA RADIO
PONTE NA RADIO é o noso laboratorio de radio escolar desde a biblioteca. Traballamos a radio como ferramenta para xerar dinámicas de comunicación, co fin de estímular a valoración da nosa lingua ao mesmo tempo que se fomenta o traballo colaborativo e de investigación. O noso proceso de formación para sacar o máximo rendemento pedagóxico, viuse interrompido polo confinamento debido á pandemia, aínda que xa temos o noso espazo, gravados os nosos podcats e non se viron totalmente paralizadas as intervencións por parte do noso alumnado.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Ponte na radio 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)